Et alii, abreviada xeralmente como et al., é unha locución latina que significa literalmente «e outros». Úsase sobre todo en repertorios bibliográficos, cando hai máis autores ou autoras ademais dos citados nunha referencia, de tal maneira que se evita ter que nomealos a todos. O seu valor é semellante ao de etcétera, pero referido a persoas. En termos legais significa que os que firman non son os únicos responsables do firmado. A referencia non se adoita utilizar na bibliografía final, onde se espera que aparezan de maneira detallada os datos das obras consultadas. Por exemplo: a primeira vez nomearíase (Moore, Estrich, McGillis e Spelman, 1984, p. 33) e a segunda (Moore et al., 1984, p. 46)