Diccionario de escritores en lingua galega
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O Diccionario de escritores en lingua galega é unha obra escrita por Francisco Fernández del Riego, un dos principais artífices da editorial Galaxia. A primeira edición foi publicada no ano 1990, e houbo unha segunda, corrixida e aumentada, no ano 1992. É un dicionario sobre os principais escritores en lingua galega, baseado nun criterio idiomático, é dicir, menciona a todos os escritores que se expresaron en galego.
Diccionario de escritores en lingua galega | |
---|---|
Autor/a | Francisco Fernández del Riego |
Cuberta | X. Vizoso |
Orixe | España |
Lingua | galego |
Tema(s) | biografías, literatura galega |
Editorial | Ediciós do Castro |
Data de pub. | 19922 [19901ª] |
Páxinas | 760 (2ª ed.) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Criterios de selección
editarOs criterios de selección dos autores e autoras que aparecen débense a diferentes motivos. A particularidade deste dicionario, débese principalmente á cuestión da fala. Non só en razón do idioma no que está redactado, senón porque del se exclúe a aqueles autores que sendo naturais do país e tratando temas galegos, se expresaron exclusivamente en lingua castelá.
Francisco Fernández del Riego
|
En función da calidade literaria que posúa cada autor, atribúeselle un espazo determinado. Case todos teñen un posto, por modestos que sexan o seu enxeño e saber. Non existe un criterio filolóxico, o concepto deste dicionario defínese, pois, segundo un criterio idiomático.
Abrangue a todos aqueles escritores que se expresaron en galego sobre calquera asunto e con calquera característica. Polo tanto, non se refire soamente á produción puramente artístico-literaria, senón que tamén se ocupa da que é a expresión lóxica das ideas e das súas relacións coas diversas manifestacións da cultura.
Análise do libro
editarCanto ás partes, poden diferenciarse dúas. Por un lado, hai un breve limiar ao comezo, de dúas follas.
O libro organízase nun conxunto heteroxéneo de escritores e materias que na obra se reflicte, mais non tenta, por outra banda, ningunha finalidade crítica. Ofréceselle ao lector unha panorámica da cultura galega de onte a hoxe, na que aparece alfabetizada a nómina de autores, tanto literarios como científicos, ou grandes e pequenos, que traballaron coa ferramenta do idioma propio nas diversas ramas das letras e das ciencias. É bastante abundante a cantidade de nomes e de datos, moitos dos cales saen á luz por primeira vez. Intenta pór á disposición do público unha información sumaria sobre a vida e o labor de cada un dos autores que sobre o tema que sexa, se expresaron en galego. Mesmo por iso, vén ser como un conxunto de datos e noticias, un arquivo que sintetiza informacións sobre a existencia e os traballos (literarios-científicos e de pescuda), de todos aqueles que lle emprestaron un servizo á cultura de Galicia desde os vellos tempos até os nosos días.
Figuran nas páxinas que seguen centos de notas que nutren os artigos breves ou menos breves. Ao corpo principal da obra engádeselle un apéndice coa nómina doutros escritores que fixeron un labor máis limitado. O dicionario non é, nin pode ser por propia definición, unha obra de lectura seguida. O seu propósito redúcese ao que caracteriza a publicacións deste tipo: o de servir de información e de consulta.
Engadido da segunda edición
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Francisco Fernández del Riego, Diccionario de escritores en lingua galega, Ediciós do Castro, A Coruña, 1992
- Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000.[cómpre nº de páxina]