Zamora

cidade e concello de Castela e León

Coordenadas: 41°30′12″N 5°45′20″O / 41.503333333333, -5.7555555555556

Zamora é unha cidade situada en Castela e León, capital da provincia de Zamora. En 2017 tiña 62 389 habitantes.[1] Está atravesada polo río Douro, que continúa cara a Portugal.

Zamora
Panorámica de Zamora co río Douro en primeiro plano e a Catedral ó fondo.
Murallas de Zamora. Igrexa de Santa María la Nueva.
Cúpula da catedral de Zamora.
Ponte de pedra. Casa antiga do concello de Zamora.
Casino de Zamora. Procesión de Semana Santa.
De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: panorámica da cidade, murallas, igrexa románica de Santa María la Nueva, cúpula da catedral con decoración exterior de escamas, puente de Piedra, antiga casa do concello de Zamora, casino e procesión de Semana Santa.
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaZamora
ComarcaTierra del Pan
Xeografía
Altitude652 msnm
Superficie149,28 km²
Demografía
Poboación62.389 hab. (2017)
Densidade423,48
XentilicioZamorán/a
Outros datos
Código postal49001–49028
AlcaldeFrancisco Guarido (IU)
www.ayto-zamora.org

Artisticamente ten numerosas igrexas de estilo románico, destacando a súa catedral, do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a Reconquista.

Xeografía Editar

O termo municipal de Zamora ten unha extensión de 149,28 km². É a capital de provincia situada a menos altitude da Meseta Norte. Sitúase no curso medio do río Douro, cunha configuración lonxitudinal ao longo do mesmo, na extensa rexión que forma a Meseta Norte, a parte da Meseta Central situada ao norte do Sistema Central, na zona noroeste da península Ibérica. Presenta unha paisaxe chaira, e con escasa vexetación por mor do seu clima mediterráneo con trazos de continentalidade.

A parte oriental está sobre a veiga do río e actúa como fronteira coas comarcas de Tierra del Pan e Tierra del Vino, situadas ao norte e ao sur respectivamente. A parte occidental é por onde se separa do río cara ao norte e actúa de fronteira coas comarcas de Tierra de Alba e de Sayago.

O núcleo principal do centro urbano, cunha disposición moi alongada e en boa parte rodeado por murallas, álzase sobre unha ampla meseta rochosa de 26 a 32 metros de altura, emprazada á beira do río Douro, que a cingue polo sur, características que lle valeron o sobrenome de "A ben cercada". A altitude é de 652,6 msnm.

Demografía Editar

 
Evolución demográfica comparativa de Zamora capital e Zamora provincia, 1900-2005.

Durante o século XX o municipio de Zamora creceu de xeito regular, mais o conxunto da provincia perdeu poboación. Desde 1900, a capital multiplicou o número de habitantes por 4,06 (16.287 habs. en 1900, 66.135 en 2007, mentres que a provincia perdeu un 28%. A resultas deste dobre proceso, a capital, que representaba só o 5,9% do total da provincia en 1900, acolle en 2005 ao 33,4% dos seus habitantes.

Características Editar

 
Palacio de Xustiza
 
Parador

A zona vella da cidade está catalogada como Conxunto Histórico-Artístico desde 1973,[2][3] o seu núcleo principal que conta cunha disposición moi alongada e en boa parte está circundado polas murallas, levantándose sobre unha ampla meseta rocosa[4] de 26 a 32 metros de altura, que no sur contorna o río Douro. Salientan o seu conxunto de edificios románicos, formado polos 23 templos do concello e as 14 igrexas da zona vella.[5] Entre os principais monumentos está a catedral, o castelo, as murallas, a ponte, e dous palacios. Son quince os templos declarados Ben de Interese Cultural, entre eles algúns de estilos posteriores.[6] Tamén é significativo o seu conxunto de edificios modernistas, dezanove en total.[7][8]

Notas Editar

  1. "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero" (en castelán). Instituto Nacional de Estadística. Consultado o 22 de decembro de 2014. 
  2. Ministerio de Cultura. "Patrimonio Histórico: Bienes culturales protegidos" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2009. 
  3. Ministerio de Cultura. "Patrimonio Histórico: Bienes culturales protegidos" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2009. 
  4. "Romancero Zamorano" (en castelán). Tierradelpan.com. Consultado o 18 de maio de 2009. 
  5. "Turismo religioso" (en castelán). Ayuntamiento de Zamora. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2012.  Arquivado 02 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
  6. Rivera de las Heras, José Ángel (2001). Por la catedral, iglesias y ermitas de la ciudad de Zamora Ediciones Leonesas, S.A. (Edilesa). ISBN 84-8012-356-7. p.12.
  7. José Luis Cabrero (29 de marzo de 2009). "Zamora, la ciudad del románico, se 'convierte' al modernismo" (en castelán). El Mundo. Consultado o 19 de maio de 2009. 
  8. M. J. F. (27 de setemro de 2009). "Destacados especialistas desvelan las claves del modernismo zamorano" (en castelán). La Opinión-El Correo de Zamora. Consultado o 24 de marzo de 2010. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.