Castelo de Zamora
O castelo de Zamora é unha fortificación da localidade de Zamora (Castela e León), de orixe medieval.
Castelo de Zamora | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Zamora |
Provincia | Zamora |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Coordenadas | 41°29′59″N 5°45′22″O / 41.4998, -5.7561 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico con modificacións posteriores (séculos XI-XXI) |
Estilo actual | Ruínas restauradas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarOrixe
editarA orixe do propio edificio expón o primeiro problema. Segundo as crónicas foi mandado construír por Afonso II de Asturias, aínda que os estudos realizados por diferentes historiadores afirman que probablemente estaría realizado por Fernando I de León a mediados do século XI. En calquera caso, desta época quedan moi poucos restos.
Paso do tempo
editarA cidade de Zamora constituía un alicerce básico para os reinos cristiáns no proceso de reconquista. De feito, a conquista desta cidade aos árabes é descrita nas súas crónicas como unha desfeita terrible. Por esta razón, historicamente tivo importancia desde a súa edificación ata séculos posteriores. Baixo o reinado de Filipe V fixéronselle reformas destinadas a adaptalo ás novas técnicas de guerra, como a potente artillaría.
Actualidade
editarHoxe en día consérvase o perímetro do castelo, rodeado por un foxo que se atopa case íntegro. Os muros máis importantes, o patio de armas e a torre da homenaxe tamén chegaron ata os nosos días. O Decreto de 22/04/1949 declárao baixo a súa protección, mentres que na lei 16/1985 sinálaselle protexido polo Patrimonio Histórico Español. Hoxe en día é propiedade do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, que se encarga da súa conservación. A cidade de Zamora utilizouno para albergar a Escola de Arte e Superior de Deseño de Zamora, e ata o 2007 abeirou a Escola Oficial de Idiomas.
Despois de catro anos de obras, no 2009 concluíron os traballos de recuperación e consolidación das estruturas defensivas do Castelo de Zamora, e puido abrirse ao público para a súa visita, cunha imaxe totalmente renovada tanto da fortaleza como dos xardíns lindeiros. Integrado no recinto defensivo, e formando parte do seu conxunto e da súa estrutura, instalouse o espazo expositivo Baltasar Lobo, Castelo Centro de Arte, dedicado á obra do escultor zamorano.
Características
editarConfiguración
editarO castelo de Zamora ten unha planta con forma de rombo. Nela sobresaen tres torres (dúas con cinco puntas e unha con sete). Todo o edificio está flanqueado por un foxo de gran profundidade, que á súa vez lle dá seguridade o gran grosor dos muros -máis de dous metros de media-. Para acceder a el hai unha ponte que outrora era levadiza e que vai parar a unha porta cun arco apuntado.
Tal e como se dixo antes, da base orixinal non quedan moitos vestixios. Ademais, tras as reformas acometidas por Filipe V boa parte da estrutura foi modificada, coa inclusión dun terraplén e algúns elementos adaptados ao contexto da época.
Importancia
editarTrátase dunha das obras máis importantes dentro do recinto amurallado da propia cidade, así como do contexto castelán-leonés en xeral. Está situado sobre unha elevación natural que lle daría máis poder defensivo.
Arredores do Castelo
editarA carón do castelo está o Parque do Castelo, formado por uns xardíns e un miradoiro. Esta zona reflicte as reformas levadas a cabo entre os séculos XVI e XVIII, e cunha simple ollada pódese observar unha curiosa conxugación entre propostas arquitectónicas separadas no tempo por varios séculos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Castelo de Zamora |