Río Douro
O río Douro[1] (en castelán: Duero e en portugués: Douro) é un río do centro-norte e oeste da Península Ibérica, da vertente atlántica. O seu nome provén do latín, Durius flumen, e do grego, Δόυριος ποταμού. Cos seus 897 km, é o terceiro río máis longo da Península Ibérica despois do río Texo e do río Ebro, e cos seus 97.290 km², posúe a maior conca hidrográfica peninsular (78.952 km² corresponden a territorio español e o resto a territorio portugués).
Río Douro | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() ![]() |
Nacemento | Duruelo de la Sierra, Soria, España |
Altitude | 2.160 msnm |
Lonxitude | 897 km |
Conca | 97.299 km² |
Caudal medio | 675 m³/s |
Desembocadura | Océano Atlántico |

Características Editar
O Douro nace nos Picos de Urbión (no Sistema Ibérico) a uns 2.160 m de altitude e percorre terras castelás, leonesas e portuguesas, pasando por Soria, Aranda de Duero, Laguna de Duero, Toro, Zamora e Miranda do Douro, até chegar á súa desembocadura na cidade do Porto. Ten 112 km de fronteira compartida con Portugal e 213 km portugueses. A súa altitude media é de 700 metros.
No inicio do seu curso é un río longo e pouco caudaloso. De Zamora á súa foz, corre entre fragas en canóns profundos (as Arribas do Douro). O forte declive do río -o desnivel medio é de 3 m/km-, as curvas, as rochas saíntes, os caudais violentos, as múltiples irregularidades, os rápidos e os "saltos" tornaban este río indomábel ata a realización dos encoros a partir de 1961. Con eles conseguiuse a doma do río e a navegación fluvial.
Afluentes principais Editar
Pola dereita Editar
Pola esquerda Editar
Encoros Editar
O Douro ten sete encoros en zona española e nove en zona portuguesa.
- O encoro da Cuerda del Pozo (Vinuesa, Soria) é o de maior capacidade (249 hm³) e o único que regula o caudal na súa cabeceira. As súas funcións principais son a atracción turístico-deportiva, o regadío (26.000 ha) e abastecemento de auga a Soria e Valladolid. Secundariamente, o seu potencia hidroeléctrica é de 6.080 kW (8,5 GWh de media).
- Destaca especialmente o Salto de Aldeadávila I e II por ser, en conxunto, a primeira de España en potencia (1.146 MW) e produción anual (3.500 GWh de media: un 6,3% do total nacional). Isto únese á espectacularidade das obras, cun muro de contención, que ten forma abovedada, de 140 m de altura e 250 m de lonxitude.
- Tamén a presa de Saucelle I e II é impresionante, cun muro de 92 m de altura e 178 m de lonxitude. A súa potencia é de 525 MW no seu conxunto.
Encoro | Provincia | Capacidade (hm³) |
Superficie (ha) |
Potencia (MW) |
---|---|---|---|---|
Cuerda del Pozo | Soria | 229 | 2176 | 7 |
Los Rábanos | Soria | 8 | 98 | 4 |
San José | Valladolid | 6 | 250 | 0,56 |
Villalcampo | Zamora | 66 | 445 | 206 |
Castro | Zamora | 26 | 180 | 190 |
Miranda | Braganza | 28 | - | 390 |
Picote | Braganza | 63 | - | 180 |
Bemposta | Braganza | 129 | - | 210 |
Aldeadávila | Salamanca | 115 | 364 | 1143 |
Saucelle | Salamanca | 181 | 589 | 525 |
Pocinho | Guarda | 83 | - | 186 |
Valeira | Viseu | 97 | - | 216 |
Régua | Vila Real | 95 | 160 | |
Carrapatelo | Porto | 148 | - | 201 |
Crestuma-Lever | Porto | 110 | - | 108 |
Galería de imaxes Editar
-
Conca do Douro en Galiza.
-
O río ao seu paso polo Parque Natural de Arribas do Douro.
-
O Douro no Porto.
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zamorano.
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Douro |