O río Tua é un río de Portugal, afluente da marxe dereita do río Douro, no territorio da Terra Quente do Nordeste Transmontano.[1]

Modelo:Xeografía físicaRío Tua
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaDistrito de Braganza, Portugal Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCastela e León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Douro Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°12′43″N 7°25′52″O / 41.212, -7.431
Afluentes
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións40 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica3.813,54 km² Editar o valor en Wikidata
O río Tua en Mirandela

Cun curso de preto de 40 km, fai parte da bacía hidrográfica do Douro.[1][2]

O río Tua resulta da xunción de dous ríos: o río Tuela e o río Rabaçal, unha unión que ocorre a 4 quilómetros ao norte da cidade de Mirandela.[1]

O río Tuela e o río Rabaçal nacen en España, sendo que o Tuela nace en Castela e León e o Rabaçal na Galiza, entrando ambos en Portugal a través do concello de Vinhais. Os dous ríos teñen unha extensión semellante, e ambos contan con dous afluentes que corren paralelos a eles, tamén estes con distancias semellantes: o río Mente no río Rabaçal, e o río Baceiro no río Tuela.

As foces destes ríos afluentes, Mente e Baceiro, localízanse tamén no concello de Vinhais. O río Mente fai inclusivamente nun breve treito do seu curso a fronteira entre Portugal e España, na zona portuguesa de Vinhais denominada de Terras de Lomba. O Baceiro, pola súa banda, delimita tamén un breve treito os concellos de Vinhais e de Braganza.

Os ríos Tuela e Rabaçal seguen os seus cursos paralelos un ao outro, seguindo o Tuela de Vinhais para o concello de Mirandela e o Rabaçal de Vinhais para os concellos de Valpaços e de Mirandela.

Son cerca de 40 km de curso até encontrar o río Douro.[2]

Orixinario de Mirandela, traza polo sur todas as fronteiras deste concello cos de Vila Flor e de Carrazeda de Ansiães. Pasa entón a definir a separación entre os distrito de Braganza e de Vila Real, delineando a liña divisoria de Carrazeda de Ansiães cos concellos de Murça, primeiro, e finalmente de Alijó.[3]

De entre os afluentes do río Tua, saliéntase a ribeira de Carvalhais, que xorde na marxe esquerda e cuxas orixes poden ser encontradas na vertente meridional da Serra da Nogueira.[2][4]

Moitas veces definindo fronteiras, no seu camiño o río Tua visita 2 distritos e 5 concellos, Mirandela, Vila Flor, Carrazeda de Ansiães, no distrito de Braganza, e Murça e Alijó, no de Vila Real.[3]

A marxe esquerda do río Tua mantense sempre en contacto co distrito de Braganza. Na marxe dereita, cando deixa Mirandela para visitar a única freguesía de Murça que coñece, Candedo, pasa a definir a fronteira co distrito de Vila Real até chegar ao río Douro, nun punto onde, na outra marxe duriense se atopa Soutelo do Douro, xa concello de São João da Pesqueira, distrito de Viseu.[3]

Nun percorrido que pode ser considerado de norte para sur, o río Tua toca 21 freguesías, mais só atravesa abusivamente unha, a de Mirandela, que comeza por separar de Suçães. O curso de auga vai entón deseñando os límites de Marmelos (marxe dereita), São Salvador e Frechas (esq.), Valverde (der.), Vilarinho das Azenhas (esq.), Barcel (der.), Vila Boas (esq.), Freixiel (der.), Navalho e Abreiro (der.), Pereiros (esq.), Candedo (der.), Pinhal do Norte (esq.), Carlão (der.), Pombal (esq.), Amieiro e São Mamede de Ribatua (der.), Castanheiro (esq.) e Castedo (dir.).[3]

O río Tua é afluente da marxe dereita do río Douro, no cal desauga na localidade de Foz Tua, situada na freguesía de Castanheiro, no municipio de Carrazeda de Ansiães, no distrito de Braganza, marcando a fronteira con Castedo, no concello de Alijó, distrito de Vila Real, a oeste.

Polución

editar

O Tua ten sido un río mal tratado en termos de polución. Un exemplo pode ser encontrado no Cachão, aldea situada a 13 km a sur de Mirandela, onde aínda hoxe o río recibe, sen ningún tratamento, o que sae das empresas que se instalaron no antigo Complexo Agro-Industrial do Cachão, sendo a excepción o Matadoiro industrial, que ten unha ETAR en funcionamento.[1][5] A pesar de estar prevista desde 2007, a ETAR do Cachão aínda non tiña sido inaugurada en 2010.[6][7][8]

Liña do Tua

editar

O río pode ser contemplado nunha viaxe de comboio na Liña do Tua, entre Mirandela e a Estación de tren do Tua, na freguesía de Castanheiro. Unha liña que é actualmente utilizada polo Metro de Mirandela e corre o risco de ficar submersa se for construída a presa prevista desde 2008.[4][9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ferreiro, Nuno Rafael Borges. Dissertação Caracterização da qualidade ecológica do rio Tua. [FCUP]. 2007. [1] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 Pereira, D. I. & Brilha, J. B.. A geomorfologia da depressão de Mirandela. Departamento de Ciências da Terra da Universidade do Minho. 1999. [2] Consultado o 7 de setembro de 2012.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Atlas da Água do Sistema Nacional de Informação dos Recursos Hídricos (SNIRH). [3] Arquivado 19 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.
  4. 4,0 4,1 Noticia da Agência Lusa en Jornal de Notícias, 23-12-2008 [4] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.
  5. Noticia en Jornal Nordeste, 20-02-2007 [5] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.
  6. Águas de Trás-os-Montes e Alto Douro. Relatório de Sustentabilidade. 2008. [6] Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.
  7. Águas de Trás-os-Montes e Alto Douro. Relatório de Sustentabilidade. 2009. [7] Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.
  8. Águas de Trás-os-Montes e Alto Douro. Relatório e Contas. 2010. [8] Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.
  9. Información en EDP, [9] Arquivado 16 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Consultado o 7 de setembro de 2012.

Véxase tamén

editar