Braganza
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Braganza[2] (Bragança en portugués, Bergancia en mirandés) é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Braganza, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, con 35.341 habitantes (2011).
Braganza | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Norte | ||
Subrexión | Alto Trás-os-Montes | ||
Distrito | Braganza | ||
Xeografía | |||
Superficie | 1.173,6 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 35.341 hab. (2011)[1] | ||
Densidade | 30,11 hab/km² | ||
Xentilicio | bragancés/bragancesa | ||
Outros datos | |||
Código postal | 5300 | ||
Alcalde | António Jorge Nunes (PSD) | ||
www.cm-braganca.pt |
É sede dun dos municipios portugueses con maior superficie, con 1.173,93 km² de área, subdividido en 49 freguesías. O municipio limita no norte e leste con España (provincias de Ourense e Zamora), polo sueste co concello de Vimioso, no suroeste co de Macedo de Cavaleiros e no oeste co concello de Vinhais.
HistoriaEditar
En orixe Braganza foi unha localidade prerromana denominada Bracara. Coa romanización quedou incluída no convento de Bracara Augusta. Foi soar da importante Casa de Braganza, que formou a dinastía real de Portugal entre 1640 e 1910 e a imperial do Brasil de 1822 a 1889. Braganza conserva aínda o seu castelo medieval (erguido en 1187).
Como sé episcopal -aínda que tardía como tal-, Braganza converteuse na capital histórica da vella provincia dos Tras-os-Montes.
PatrimonioEditar
- Castelo de Braganza
- Domus Municipalis, o único edificio románico civil da Península Ibérica.
FreguesíasEditar
As parroquias do concello de Bragança son:
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Braganza |