Lingua mirandesa
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A lingua mirandesa ou mirandés[1] é unha lingua románica do grupo asturleonés, falada no norte da Península Ibérica. É falada no Portugal nororiental, por unhas quince mil persoas, concretamente na vila e nas aldeas do concello de Miranda do Douro e en tres aldeas máis do concello de Vimioso, nun espazo de 484 km², estendéndose a súa influencia por outras aldeas dos concellos de Vimioso, Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e Braganza.
Mirandés | ||
---|---|---|
Falado en: | Portugal | |
Rexións: | concellos de Miranda do Douro e Vimioso | |
Total de falantes: | 5.000 falantes (15.000 contando tamén os de segunda lingua) | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Itálo-occidental Occidental Galo-ibérica Ibero-románica Ibero-occidental Lingua asturleonesa Mirandés | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | concello de Miranda do Douro (Lei n.º 7/99, de 29 de xaneiro de 1999) | |
Regulado por: | Anstituto de la Lhéngua Mirandesa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | mwl | |
ISO 639-3: | mwl
| |
SIL: | MWL
| |
Mapa | ||
Status | ||
Características
editarO mirandés ten unha fonoloxía, morfoloxía e sintaxe distinta, e foi diferenciada polo menos dende a formación de Portugal (século XII). Ten as súas raíces do latín falado no norte da Península Ibérica. É un descendente da antiga lingua leonesa do norte da Iberia, o derradeiro remanente da antiga lingua do Reino de León, e atópase fortemente ligado á lingua leonesa moderna e á lingua asturiana. Porén, estas amálgamas do territorio español non afectaron o mirandés, o cal preserva distintas diferenzas lingüísticas tanto do portugués como do castelán. Tamén mantén unha forte ligazón co léxico dalgúns dialectos rexionais portugueses.
No século XIX, José Leite de Vasconcelos, describiuno como «a lingua das granxas, do traballo, do fogar e do amor entre os mirandeses». Dende 1986/87 a lingua ensínase aos estudantes entre os dez e once anos de idade, volvendo así a rexurdir.
Hoxe en día o mirandés retén pouco máis de 5.000 falantes (podéndose elevar o número até os 15.000 se contamos aos que a teñen como segunda lingua) nas aldeas do concello de Miranda do Douro e nalgunhas aldeas orientais no concello de Vimioso, aínda que se pode atopar influencia noutras aldeas do concello de Vimioso e nos Concellos de Mogadouro, Macedo de Cavaleiros e máis Braganza.
As principais diferenzas entre o mirandés (Portugal) e a lingua leonesa e asturiana (España) producíronse pola influencia da lingua dominante da rexión. O mirandés foi influenciado foneticamente e no seu léxico polo portugués, así como o leonés e o asturiano o foron polo castelán. Outra diferenza é que o mirandés e o leonés semellan ser moi conservadores, mentres o asturiano experimentou máis cambios. Estas linguas afírmanse como altamente relacionadas (especialmente o mirandés e o leonés, chamadas incluso co-linguas), sendo sen ningunha dúbida a mesma lingua no pasado.
As súas variantes dialectais
editarExisten tres variantes dialectais da lingua mirandesa:
- O mirandés fronteirizo.
- O mirandés central.
- O mirandés sendinês.
A maioría dos falantes do mirandés tamén falan portugués, e incluso castelán algúns deles. Picote (Picuote) é a única aldea basicamente monolingüe en mirandés, espertando o interese baixo novos informes feitos sobre ela nun país que é monolingüe en portugués.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mirandés.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua mirandesa |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lingua mirandesa |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |