Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

Unha das nocións básicas da Wikipedia está resumida aquí: "se engades información a un artigo, asegúrate de incluír as túas referencias xa que os datos non referenciados están suxeitos á súa eliminación". O mellor é usar citas nas liñas para que os demais lectores poidan verificar a información que achegas. Tamén tes que comprobar que as fontes que usas sexan de confianza e fiables.

Notas ao pé

O xeito máis doado de crear unha cita nunha liña é mediante as notas ao pé. Podes crear notas ao pé con formato wiki na caixa de edición incluíndo:

  • <ref>A TÚA FONTE</ref>; as etiquetas ref aos lados da túa fonte, e se aínda non o hai,
  • {{Listaref}} ou {{Referencias}} baixo a cabeceira ==Notas== preto do final da páxina.

Se a túa fonte é unha páxina web tes que crear unha ligazón externa cara ao enderezo desa páxina. Non uses outros artigos da Wikipedia como fonte.

Para crear unha ligazón externa cara á túa fonte, pon o enderezo da páxina web (URL) entre corchetes (un ao comezo e outro á fin) tras o texto que queiras engadir, así:

  • <ref>[http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]</ref>

É unha boa idea, aínda que non é necesario, proporcionar unha descrición curta xusto ao lado do enderezo. A descrición mostrarase na lista de referencias como o título da ligazón externa.

Para citar unha páxina web sen dar ningunha descrición, dá simplemente o URL entre etiquetas ref; por exemplo:

  • <ref>http://www.google.es/webhp?hl=gl</ref>

Ademais, existen modelos que permiten dar formato ás referencias, olla Categoría:Marcadores de referencias.

A sección "Ligazóns externas"

Moitos dos artigos da Wikipedia teñen unha sección chamada "Ligazóns externas". Esta sección ten o obxectivo de ligar con páxinas web con información adicional, fiable e relevante que amplíe o que o artigo xa achega. Malia isto, non todas as ligazóns externas son axeitadas, olla Wikipedia:Ligazóns externas.

Se soamente escribes o URL completo da páxina que queres ligar, aparecerá isto:

http://www.google.es/webhp?hl=gl

O wiki tratará este texto como unha ligazón (como se fixo co URL de enriba) e amosará o enderezo web tal e como é, incluíndo o "http://". Recoméndase non usar este formato, debido a que os enderezos non quedan demasiado ben e non dan pistas do que realmente é o sitio.

Incluíndo un espazo tras o URL (antes de pechar os corchetes) podes decidir o texto que queres que se vexa; por exemplo:

[http://www.google.es/webhp?hl=gl Motor de buscas Google]

A ligazón quedará así:

Motor de buscas Google
Proba a facer edicións na zona de probas

Continúa a guía coas páxinas de conversa