Wikipedia:Guía/Formato
Páxina de inicio | Edición | Formato | Ligazóns internas | Citar as fontes | Páxinas de conversa | Ten en conta | Rexistro | Resumo |
A escritura nos artigos da Wikipedia, premendo na lapela "editar a fonte", é lixeiramente diferente á que se fai nun procesador de texto estándar. No canto dun estrito WYSIWYG ("What You See Is What You Get", ou sexa, "o que ves é o que obtés"), a Wikipedia usa códigos de texto para crear os elementos particulares da páxina (as cabeceiras, por exemplo). Esta "linguaxe" coñécese como formato wiki e está deseñada para unha sinxela edición.
Se editamos un artigo dende a lapela "editar", úsase o Editor visual no que xa non se precisa inserir estes códigos.
Grosa e cursiva
As etiquetas máis usadas son as que permiten poñer o texto en grosa e cursiva. Isto conséguese poñendo apóstrofos (') a un e outro lado do texto en cuestión:
Escribes | Obtense |
''cursiva'' | cursiva |
'''grosa''' |
grosa |
'''''grosa e cursiva''''' |
grosa e cursiva |
Na Wikipedia, os nomes do tema do artigo escríbense en grosa a primeira vez que se mencionan no libro. Por exemplo, o artigo Manuel Rivas comeza así:
- Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.
A cursiva úsase para os títulos de libros, películas, álbums e videoxogos. Se algún elemento dos citados antes é o principal do que trata o artigo, a primeira vez que apareza nel estará en grosa e cursiva.
Para obter máis información sobre cando usar a grosa e mais a cursiva, olla Wikipedia:Libro de estilo.
Cabeceiras e subcabeceiras
As cabeceiras e subcabeceiras son un xeito doado de mellorar a organización dun artigo. Se ves que o artigo trata dous temas distintos, podes separalos inserindo unha cabeceira para cada sección.
As cabeceiras fanse desta maneira:
Escribes | Obtense |
== Cabeceira == |
Cabeceira |
=== Subcabeceira === |
Subcabeceira |
Se un artigo ten, polo menos, catro cabeceiras, xerarase automaticamente unha táboa de contidos. Intenta crear unha cabeceira na zona de probas.
Subíndice e superíndice
Para formatear texto subíndice hai que escribir unha etiqueta de apertura <sub>
antes do texto e outra de peche </sub>
despois do texto. As etiquetas de superíndice son <sup>
and </sup>
. Exemplo:
O código H<sub>2</sub>SO<sub>4</sub> → 2 H<sup>+</sup> + SO<sub>4</sub><sup>2−</sup>
visualízase como: H2SO4 → 2 H+ + SO42−
HTML
O código HTML pódese usar nas páxinas para producir un formato máis avanzado como cores, táboas e outra disposición. Porén, non necesitas coñecer o HTML para usar a Wikipedia e seguir as convencións de formato.
Barra de ferramentas
O editor da Wikipedia ten dúas barras de ferramentas con botóns que poden axudar a usar as etiquetas wiki.
Icona | Función | O que se vé ao editar | Resultado na páxina | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Texto en grosa | '''Texto en grosa'''
|
Texto en grosa | |||||||
Texto en cursiva | ''Texto en cursiva''
|
Texto en cursiva | |||||||
Sinatura con data e hora | --~~~~
|
Nome de usuario (conversa) 07:04, 9 decembro 2024 (UTC) | |||||||
Ligazón interna | [[Título do artigo]]
|
Título do artigo | |||||||
Inserir unha imaxe | [[Ficheiro:Exemplo.jpg|miniatura]]
|
||||||||
Nota ao pé. | <ref>Texto da nota ao pé.</ref>
|
[1]
| |||||||
Inserir un modelo | {{Biografía}}
|
|