Wikipedia:Guía/Edición

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    
Preme sobre a lapela "Editar" para facer algún cambio nun artigo.

Coa excepción dunhas poucas páxinas protexidas, cada páxina ten unha ligazón que di "editar" que che permite editar a páxina que estás a ler. Trátase da característica máis básica da Wikipedia, e permíteche levar a cabo correccións e engadir cousas aos artigos. Se engades información a unha páxina, por favor, dá referencias, porque as afirmacións non referenciadas poden ser eliminadas.

Vai á zona de probas e preme sobre a lapela "editar". Isto abrirá unha ventá de edición co texto desa páxina. Engade algo divertido e interesante ou "Hai alguén aí?", logo fai clic en "Gardar a páxina" e comproba o que fixeches! Ten coidado de asegurarte de que estás a editar a páxina da zona de probas e non o texto desta guía!

Mostrar a vista previa

Unha característica importante que podes comezar a usar agora é o botón "Mostrar a vista previa". Proba a facer unha edición na zona de probas e premer neste botón no canto do de "Gardar a páxina". Con isto poderás ver como quedará a páxina despois da túa edición, antes de que a gardes definitivamente. Todos cometemos erros; esta característica dá a posibilidade de cachalos e arranxalos. O uso da vista previa antes de gardar tamén deixa probar cambios de formato e outras edicións sen inzar o historial de revisións da páxina. Vaites!, e non te esquezas de gardar as túas edicións despois de ver a súa vista previa.

Resumo de edición

O botón de vista previa está xunto ao de "Gardar a páxina", debaixo do campo do resumo de edición.

Antes de premeres en "Gardar a páxina", considérase de bo gusto inserir unha explicación amable dos teus cambios na caixa do resumo de edición que está entre a ventá de edición e os botóns de vista previa e gardar. Pode ser curto e conciso; por exemplo, se soamente escribes "ortografía", a xente saberá que fixeches correccións na lingua. Ademais, se o cambio que realizaches na páxina é pequeno, como corrixir un erro ortográfico ou gramatical, lembra seleccionar a caixa "Esta é unha edición pequena" (esta opción só está dispoñible se es un usuario rexistrado).


Proba a facer edicións na zona de probas
Continúa a guía co formato