Wikipedia:A Taberna (axuda)

Esta é a sección axuda da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg

Esta sección úsase para pedir axuda aos demais usuarios.

Comezar un novo fío de conversa

Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22

Como categorizar fotos subidas a CommonsEditar

Saúde, dispoñome a subir algunhas fotos a Commons e quería facelo ben de vez. Non teño moi claro cómo hay que categorizar as imaxes correctamente. O idioma das categorías é só ingles? Hai algun sitio onde se poda ver unha lista de categorías? O que teño para subir ten que ver con microscopía, microscopios electrónicos e outros trebellos de laboratorios de ciencias. Grazas por adiantado. --Viascos (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 23:25 (UTC)

Si Viascos, en Commons as categorías están en inglés, hai anos que se fixeron varias peticións para que sexan multilingua pero non o dan feito. Aquí tes a lista de categorías pero non creo que che axude moito, hai miles. O máis doado é que procures alí imaxes do tema que queres subir, que seguramente xa haberá algunha, e mires en que categorías están. A maiores, tes a categoría Microscopes, aí hai moitas subcategorías que poden serche de utilidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 00:04 (UTC)

Eliminación de usuaria : nomedeusuaria creada para videotitorialEditar

Boas, estiven buscando sen moito exito video titoriais para a creación de contas de cara o wikimaratón do día 20 (todos son en inglés, español ou moi longos), así que creei unha conta de usuaria chamada nomedeusuaria con outro correo que teño e creei o titorial. Por favor, poderíades borrala? Moitas grazas. --Maria zaos (conversa) 14 de febreiro de 2018 ás 21:34 (UTC)

Maria zaos, as contas non poden borrarse, o que podes facer é entrar nesa conta e poñer o modelo {{Usuario retirado}}. Coméntoche que só se pode ter unha conta de usuario, salvo casos excepcionais como podes ver en Wikipedia:Monicreques.
Por outra banda, podes dicirnos onde está ese videotitorial? Pode ser moi interesante para outros eventos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:21 (UTC)
O titorial colgárono aquí, teño o ficheiro orixinal se fai falla. Saúdos e grazas de novo--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 12:40 (UTC)!

Troco de nome de páxinaEditar

Necesito que se troque o nome desta páxina Castro de Pena Grande por Valado prehistórico do Val. Creouse como castro cando non é tal. Saúdos --47.63.107.93 17 de febreiro de 2018 ás 14:04 (UTC)

  Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de febreiro de 2018 ás 14:58 (UTC)

@47.63.107.93: Queda pendente modificar as páxinas que ligan con Castro de Pena Grande. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 17 de febreiro de 2018 ás 19:56 (UTC)

Acabo de movelo a Monte da Lagoa, Narón, na única referencia do artigo emprégase esa denominación. Engadinlle ademáis o nome do concello, como está mandado. Sobre as páxinas que ligan, alén desta mesma páxina, unicamente hai unha listaxe de castros. Polo que parece o valado este é neolítico, non castrexo, se cadra hai que retiralo desa lista. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de febreiro de 2018 ás 21:57 (UTC)

Non concordo co cambio de nome Xoacas, o artigo fala dun cercado, ou valado, neolítico, non dun monte. Monte da Lagoa, é o nome do outeiro no que se atopa. Eu deixaríao co nome de Cercado neolítico do Val, segundo se indica na referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 01:42 (UTC)

Non temos outra referencia que ese artigo, ergo haberá que seguir o que o artigo di. Con salvedades.

O único nome que se emprega neste artigo pra referirse a este sitio arqueolóxico é o de monte da Lagoa. Nos parágrafos anteriores fala dos diferentes significados do topónimo Lagoa dentro do propio concello de Narón e fóra. Dá igual, non temos outra forma referenciada. Monte da lagoa é o nome do sitio arqueolóxico, posto que ese é o criterio que se segue pra denominar os lugares arqueolóxicos, que empregan a toponimia ou a microtoponimia existentes.

Por outra banda, estamos falando dun traballo de André Pena Graña, que é un home cando menos polémico. Esas son as salvedades das que falaba antes. Cando leo algo de Pena Granha non podo evitar lembrar a Jiménez del Oso e os seus programas sobre os Ovnis. Acaba un vendo celtas ata na sopa de sobre. Pero vamos, éche o que hai. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18 de febreiro de 2018 ás 22:53 (UTC)

Debe quedar claro que NON é un castro (como pon a Xunta na súa cartografía) André Pena Granha (que coido foi o que o identificou correctamente) o define como valado prehistórico e dende vai máis de 20 anos se teñen identificado máis en galiza. Do seu estudo sacaranse conclusións e polo tanto definicións. --47.63.107.93 19 de febreiro de 2018 ás 01:11 (UTC)
En que cartografía da Xunta pon que é un castro? Non a atopo, busquei no Sixpac e nese sitio pon un símbolo que creo que é dun vértice xeodésico co nome "Lagoa" (a secas) e 309, que supoño que é a altitude. Logo no visor de mapas da Xunta, aquí, na mesma posición, e seleccionando as afeccións de patrimonio cultural, no aparece nada, nin siquera o nome de Lagoa.
Nesa mesma cartografía da Xunta (no Mapa Base Vectorial) pon que é un castro --47.63.107.93 20 de febreiro de 2018 ás 00:57 (UTC)
Eu o que non entendo é como lle imos chamar monte ó artigo dun valado, non me parece correcto. Como dis, Xoacas, os sitios arqueolóxicos levan o nome do lugar, pero tamén entendo que levan no nome a descrición do que son, "castro de", "petróglifo de"..., e neste caso, aínda que non estea explicitamente indicado na referencia, se é un valado ou un cercado neolítico, eu entendo que o artigo terá que levar o nome de "valado neolítico de ..." ou "cercado neolítico de ...". Logo a iso haberá que engadirlle o topónimo, monte da Lagoa ou simplemente Lagoa como aparece no mapa da Xunta..., non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 09:50 (UTC)
Pois non, é un achádego "arqueolóxio-bibliográfico" ninguén na zona sabía o que era ata que o dixo André Pena Granha. E o calificou de valado prehistórico do val (está nun monte, certo e ten un nome pero todo eso non tiña nada que ver co nome e o uso) --47.63.107.93 20 de febreiro de 2018 ás 00:57 (UTC)
Ah, xa o atopei onde dicía a ip. Pero non coincide a situación do valado coa do "suposto" castro do mapa base vectorial, se se comparan esas posicións coas do sixpac, atópase que o valado está enriba dun lugar denominado "Lagoa", a 309 m. de altura, e ese "suposto" castro está noutro lugar un chisco máis ó este, nun lugar denominado Pena Grande, a 303 m. de altura... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 01:55 (UTC)

En Narón hai un monte, no monte hai un muro, ese lugar chámase Lagoa. Sobre eses tres datos, André Pena Graña, insigne iluminado, constrúe unha hipótese baseada en que, como é ben sabido, os topónimos que conteñen a palabra lagoa fan referencia, non a unha lagoa, senón a outras cousas máis novelescas. Pra ben ser, este artigo habería que borralo, pero resulta que está referenciado, e que a referencia é un artigo asinado por un señor que se considera fonte fiable. A min de fiable tenme pouco, eu digo que se borre. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20 de febreiro de 2018 ás 22:32 (UTC)

A argumentación é irrebatible! No monte hai unha construción prehistórica identificada como valado... pero como esa identificación a fixo andré pena granha hai que borrar o artigo? Mira, xa postos poderiamos organizar en galipedia unha merenda fin de semana e ir todos ao monte con sachos a desfacer o tal valado prehistórico... total, como hai que borralo da galipedia pois xa o facemos alí mesmo! Así non quedarán nin referencias no terreo... Será eso o que pasou ba biblioteca de Alexandría? --47.63.107.93 21 de febreiro de 2018 ás 00:53 (UTC)