Bacharelato
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Sistema educativo español |
---|
Réxime xeral |
Réxime especial |
O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.
No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do Ensino Secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.
Pode ser:
- Ciencias
- Humanidades e ciencias sociais
- Arte
- Xeral
Os estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:
- Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.
- Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.
- Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.
As materias que se imparten son máis especializadas que no Ensino Secundario Obrigatorio.
Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un exame de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.
Historia
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Materias do primeiro curso
editarMaterias troncais
- Lingua Castelá e Literatura
- Lingua Estranxeira (Normalmente Inglés)
- Filosofía
- Lingua cooficial (galego, catalán ou éuscaro).
- Matemáticas (Ciencias)
- Matemáticas orientadas ás CC. SS. (Ciencias, Ciencias Sociais)
- Latín (Humanidades)
- Fundamentos de Arte (Arte)
Materias de opción de Ciencias (elección de dúas)
editar- Debuxo Técnico
- Bioloxía e Xeoloxía
- Física e química
Materias de opción de Humanidades e Ciencias Sociais (elección de dúas)
editar- Grego
- Economía
- Literatura Universal
- Historia do mundo contemporáneo
Materias de opción de Arte (elección de dúas)
editar- Literatura Universal
- Historia do mundo contemporáneo
- Cultura audiovisual
Materias específicas
- Educación Física
Un mínimo de 2 e un máximo de 3 das seguintes:
- Análise Musical I
- Segunda Lingua Estranxeira I
- Anatomía Aplicada
- Tecnoloxía Industrial I
- Cultura Científica
- Tecnoloxías da Información e a Comunicación I
- Debuxo Artístico I
- Volume
- Linguaxe e Práctica Musical
- Relixión
- Unha materia do bloque de materias troncais ou específicas
Materias do segundo curso
editarMaterias troncais
editar- Lingua Castelá e Literatura
- Lingua Estranxeira (Normalmente Inglés)
- Historia de España
- Lingua cooficial (galego, catalán ou éuscaro).
- Matemáticas (Ciencias)
- Matemáticas orientadas ás CC. SS. (Ciencias, Ciencias Sociais)
- Latín (Humanidades)
- Fundamentos de Arte (Arte)
Materias de opción de Ciencias (elección de dúas)
editar- Bioloxía
- Debuxo Técnico II
- Xeología
- Física
- Química
Materias de opción de Humanidades e Ciencias Sociais (elección de dúas)
editar- Economía da Empresa
- Grego II
- Historia da Arte
- Historia da Filosofía
- Xeografía
Materias de opción de Arte (elección de dúas)
editar- Cultura Audiovisual II
- Artes Escénicas
- Deseño
Materias específicas
editarUn mínimo de 2 e un máximo de 3 das seguintes:
- Análise Musical II
- Ciencias da Terra e do Medioambiente
- Debuxo Artístico II
- Debuxo Técnico II (agás se xa é cursada)
- Fundamentos de Administración e Xestión
- Relixión
- Historia da Música e da Danza
- Imaxe e Son
- Psicoloxía
- Métodos estadísticos e numéricos
- Técnicas de Expresión Gráfico-plástica
- Segunda Lingua Estranxeira II
- Tecnoloxía Industrial II
- Tecnoloxías da Información e a Comunicación II
- Historia da Filosofía
- Unha materia do bloque de materias troncais non cursada.