Escola Oficial de Idiomas
As Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de España conforman unha rede de centros oficiais de nivel non universitario dedicados á ensinanza especializada de idiomas modernos. As EOI son centros dependentes das Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas e están enmarcadas dentro dos centros de réxime especial.
Escolas Oficiais de Idiomas en España
editarEn España, os estudos das Escolas Oficiais de Idiomas están regulados pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación e o Real Decreto 806/2006, do 30 de xuño, polo que se establece o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo. Esta normativa, substitúe á anterior (B.O.E. 10 de setembro, Ordenación das Ensinanzas correspondentes ó primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas), polo Real Decreto 1523/1989, do 1 de decembro (B.O.E. 18 de decembro, Contidos Mínimos do primeiro nivel das Ensinanzas Especializadas de Idiomas Estranxeiros) e polo Real Decreto 47/1992 (Contidos Mínimos do primeiro nivel das Linguas Españolas). Neles establecíase que os estudos de cada idioma estaban divididos en dous ciclos:
- Ciclo Elemental (3 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
- Ciclo Superior (2 cursos, de 120 horas de duración mínima cada un).
A Lei Orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de Calidade na Educación (B.O.E. 24 de decembro) modificou esta situación, adaptándoa ó actual esquema de tres niveis:
- Nivel Básico
- Nivel Intermedio
- Nivel Avanzado
Os idiomas actualmente (2006) impartidos nas E.O.I. son os da lista que aparece a continuación, de acordo coa información que subministra o Ministerio de Educación, pero na práctica non se poden encontrar ensinanzas de todos estes idiomas en todas as E.O.I.
Poden inscribirse nas EOI as persoas que acabaran o primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria E.S.O. o equivalente (Graduado Escolar, Certificado de Escolaridade ou Certificado de Estudos Primarios), polo que as EOI ofrecen estudos non universitarios de lingua estranxeira para adolescentes e adultos. España é o único país da Unión Europea que dispón dunha institución de ensino público, que ademais outorga títulos oficiais ó acabar os estudos, con esta finalidade.
As Escolas Oficiais de Idiomas enfróntanse nestes momentos a diversos retos para mellorar e harmonizar as súas ensinanzas coas que se ofrecen noutras institucións europeas. Entre eses retos destacan:
- A elaboración de currículos que desenvolvan os contidos mínimos do Real Decreto 1523/1989.
- A harmonización das probas de nivel e dos exames libres realizados nas diferentes E.O.I., que xa fora iniciada nalgunhas Comunidades Autónomas.
- A adaptación das súas ensinanzas ó Marco Común de Referencia Europeo para a Aprendizaxe, a Ensinanza e a Avaliación de Linguas Estranxeiras.[1]
A inexistencia dun marco normativo estable provocou numerosos problemas entre os usuarios matriculados nas Escolas Oficiais de Idiomas, xa que existen distintas normativas que non foron aprobadas e a pesar diso están utilizándose como referencia para a matriculación dos alumnos (como no caso do Borrador de Decreto do Goberno Valenciano, utilizado como referencia para a transición entre os planos de estudos e a matriculación do alumnado).
Escolas Oficiais de Idiomas en Galicia
editarO ensino de idiomas en Galicia, orixinalmente competencia do Estado, en 1981 pasa a ser competencia da comunidade autónoma galega porque así o establece o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia.[2] A Escola Oficial de Idiomas que existe naquel intre en Galicia, a da Coruña, é transferida á comunidade autónoma galega polo Real Decreto 1.763/1982.[3] Posteriormente o goberno galego crea máis Escolas, ata chegar ás once Escolas Centrais e vinte e sete Seccións que existen na actualidade.
En Galicia hai 11 Escolas Oficiais de Idiomas. Estas localízanse nas 7 grandes cidades: A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela e tamén nos concellos de Monforte de Lemos, Viveiro, Ribadeo e Vilagarcía de Arousa.
A EOI da Coruña foi a primeira de Galicia, creada por decreto do Ministerio de Educación e Ciencia de España en decembro de 1968[4] e que comezou a funcionar en 1974.[5][6] En 1987 por diferentes decretos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia creáronse as EOI das outras tres capitais de provincia: de Lugo (en xuño)[7], de Pontevedra (en xullo)[8][9] e de Ourense (en setembro).[10][11] Posteriormente por outros decretos creáronse as EOI de Vigo en 1988,[12] de Ferrol en 1989[13] e de Monforte de Lemos en 1991.[14] Xa nos anos 2000 creáronse en 2001 as EOI de Santiago de Compostela[15] e de Viveiro,[16] en 2002 a de Ribadeo[17] e finalmente en 2005 a de Vilagarcía de Arousa.[18] A maior parte destas escolas tamén contan con extensións, ou seccións, que imparten cursos en institutos de titularidade pública en horario de tarde. A EOI, de Santiago de Compostela conta con seccións en Negreira, Noia, Ordes, Ribeira e Sar[19], e a de Pontevedra con seccións na Estrada, Lalín e o instituto Valle-Inclán, tamén en Pontevedra[20]. As seccións ofertan cursos en inglés, aínda que algunha tamén oferta cursos de francés.[21][22]
Os cursos de lingua galega ademais de nos centros de Galicia ofrécense nos de Ponferrada (61 matriculados en 2015/16[23]) e Madrid.
No curso 2016/17 as diferentes escolas de idiomas de Galicia contaban con 26.025 matriculados. Por idiomas o inglés é o que contaba con maior número de alumnos 16.966, seguido do francés 3.061, o alemán 1.885, o italiano 1.365, o portugués 1.129, o galego 539, o xaponés 449, o chinés 310, o español para estranxeiros 176, o árabe 89 e o ruso 56[24].
Notas
editar- ↑ Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación no Instituto Cervantes (en castelán).
- ↑ Estatuto de Autonomía de Galicia na web da Xunta de Galicia.
- ↑ Real Decreto 1763/1982, de 24 de julio, sobre traspaso de funciones y servicios de la Administración del Estado a la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de educación no BOE (en castelán).
- ↑ "Decreto 3226/1968, de 26 de diciembre, por el que se crean cuatro Escuelas Oficiales de Idiomas en Alicante, La Coruña, Málaga y Zaragoza." (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 14 de xaneiro de 1969.
- ↑ "La Escola de Idiomas ofrecerá nivel superior de gallego, portugués y francés". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2019.
- ↑ "La Escola Oficial de Idiomas repasa sus más de 100 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de marzo de 2014.
- ↑ "DECRETO POLO QUE SE CREA A ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE LUGO.". Diario Oficial de Galicia. 23 de xuño de 1987.
- ↑ "DECRETO POLO QUE SE CREA A ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE PONTEVEDRA.". Diario Oficial de Galicia. 2 de xullo de 1987.
- ↑ "La Xunta aprueba la creación de la Escuela Oficial de Idiomas de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 2017.
- ↑ "DECRETO POLO QUE SE CREA A ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS EN OURENSE.". Diario Oficial de Galicia. 15 de setembro de 1987.
- ↑ "La Escola Oficial de Idiomas tendrá seis nuevas aulas". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 2017.
- ↑ "DECRETO POLO QUE SE CREA A ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS NA CIDADE DE VIGO, PROVINCIA DE PONTEVEDRA.". Diario Oficial de Galicia. 27 de maio de 1988.
- ↑ "DECRETO POLO QUE SE CREA UNHA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS EN FERROL, PROVINCIA DA CORUÑA.". Diario Oficial de Galicia. 13 de novembro de 1989.
- ↑ "DECRETO 351/1991, do 17 de outubro, polo que se crea unha escola oficial de idiomas en Monforte de Lemas (Lugo).". Diario Oficial de Galicia. 24 de outubro de 1991.
- ↑ "DECRETO 104/2001, do 3 de maio, polo que se crea a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (A Coruña).". Diario Oficial de Galicia. 18 de maio de 2001.
- ↑ "DECRETO 105/2001, do 3 de maio, polo que se crea a Escola Oficial de Idiomas de Viveiro (Lugo).". Diario Oficial de Galicia. 18 de maio de 2001.
- ↑ "DECRETO 305/2002, do 31 de outubro, polo que se crea a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo (Lugo).". Diario Oficial de Galicia. 13 de novembro de 2002.
- ↑ "DECRETO 180/2005, do 16 de xuño, polo que se crea a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).". Diario Oficial de Galicia. 29 de xuño de 2005.
- ↑ "Seccións | EOI de Santiago de Compostela". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-06-21.
- ↑ "Seccións | Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-06-21.
- ↑ "Profesorado do departamento de francés - Noia | EOI de Santiago de Compostela". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-06-21.
- ↑ "Sección de Lalín (IES Ramon Mª Aller Ulloa) | Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-06-21.
- ↑ Lenguas cooficiales: gallego y euskera en Castilla y León, periodistas-es.com, 23 de xaneiro de 2016
- ↑ Máis de 26.000 persoas estudan no curso 2016/17 ensinanzas regradas nas escolas oficiais de idiomas e nas súas seccións, edu.xunta.gal
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escola Oficial de Idiomas |
Ligazóns externas
editar- EEOOII.NET: portal das Escolas Oficiais de Idiomas
- Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia Arquivado 17 de agosto de 2007 en Wayback Machine.
- Escola Oficial de Idiomas da Coruña
- Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
- Escola Oficial de Idiomas de Santiago
- Escola Oficial de Idiomas de Lugo
- Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos
- Escola Oficial de Idiomas de Viveiro
- Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo
- Escola Oficial de Idiomas de Ourense
- Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
- Escola Oficial de Idiomas de Vigo
- Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
- Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada Arquivado 01 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Escola Oficial de Idiomas de Madrid Jesús Maestro