Instituto Cervantes
O Instituto Cervantes é unha institución cultural pública española creada en 1991, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores. Toma o seu nome do escritor Miguel de Cervantes.
Instituto Cervantes | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | institución cultural, institución educativa e entidade territorial xeográfica humana ![]() | ||
Epónimo | Miguel de Cervantes ![]() | ||
Personalidades | |||
Cargo dirixente | director do Instituto Cervantes ![]() | ||
Presidente/a | Luis García Montero (-) ![]() | ||
Entidades | |||
Matriz | Secretariat of State for International Cooperation (en) ![]() ![]() | ||
Membro de
| |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | 1991 ![]() | ||
Localización | |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||
Concello | Madrid ![]() | ||
Sede | Madrid ![]() | ||
Premios | |||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | cervantes.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
A súa tarefa é a promoción e ensino da lingua española, así como a difusión da cultura de España e Hispanoamérica. Como institución cumpre labores similares á Alliance Française, o British Council, o Institut Ramon Llull e o Goethe-Institut.
As súas sedes centrais están en Madrid, no edificio «As Cariátides» da rúa de Alcalá (antiga sede do Banco Central Hispano) e en Alcalá de Henares, na rúa Libreros da cidade. O seu director a é Luis García Montero.
Fins e medios
editarOs fins do Instituto Cervantes son, segundo o artigo 3 de Lei 7/1991, de 21 de marzo, pola que se crea o Instituto Cervantes, os seguintes:
- Promover universalmente o ensino, o estudo e o uso do español e fomentar cantas medidas e accións contribúan á difusión e a mellora da calidade destas actividades
- Contribuír á difusión da cultura no exterior en coordinación cos demais órganos competentes da Administración do Estado.
Ademais, tamén dedica unha parte do seu orzamento á promoción das demais linguas españolas, ofertando cursos de galego, catalán e vasco a través dalgúns dos seus centros.
Para conmseguir estes fins:
- Organiza cursos xerais e especiais de lingua española;
- Organiza os exames dos Diplomas de Español como Lingua Estranxeira (DELE) en colaboración coa Universidade de Salamanca;
- Actualización e capacitación nos métodos de ensino do español;
- Apoia os labores dos hispanistas;
- Organiza e promociona programas de difusión do español; e
- Organiza as bibliotecas e centros de documentación nas súas sedes
Todos os anos publica o Anuario do español, que tivo a primeira edición en 1998, e que analiza a situación e novidades da lingua española nos seus distintos ámbitos de uso. Ademais, desde 1997, mantén o Centro Virtual Cervantes en Internet.
O 1 de xuño de 2005, o Instituto Cervantes recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Comparte galardón coa Alliance Française, a Società Dante Alighieri, o British Council, o Instituto Camões e o Goethe-Institut.
Organización
editar- O Padroado. Está integrado polo Rei de España Xoán Carlos I como presidente de honra. A presidencia executiva exércea o presidente do Goberno, os ministros de Asuntos Exteriores, de Educación e Ciencia, Cultura, o presidente e vicepresidente do Consello de administración, o director do Instituto, 25 vogais electos por institucións culturais e da lingua (RAE, as academias da lingua de Hispanoamérica e Filipinas, universidades, academias españolas e outras organizacións) e vogais por dereito propio (natos) como os gañadores do Premio Cervantes. A súa función é dar as orientacións xerais das actividades do Instituto e coñecer anualmente as súas actividades.
- O Consello de administración. Presidido polo Secretario de Estado de Cooperación Internacional, dous vicepresidentes (Subsecretario do Ministerio de Educación e Ciencia e o Subsecretario do Ministerio de Cultura), dous conselleiros do padroado, catro conselleiros dos Ministros de Asuntos Exteriores, de Educación e Ciencia, de Cultura, e de Economía e Facenda e o Director do Instituto. O Consello está encargado de elaborar os plans xerais de actividades, vixiar a execución do orzamento e aprobar as transferencias a terceiros.
- O director, nomeado polo Consello de Ministros. É o encargado de levar dirección do Instituto, e demais labores executivos e administrativas pertinentes. Directores foron Nicolás Sánchez-Albornoz (1991-1996), o Marqués de Tamarón (1996-1999), Fernando R. Lafuente (1999-2001), Jon Juaristi (2001-2004), César Antonio Molina (2004-2007), Carmen Cafarell (2007- 2012 ) e Victor García de la Concha (2012-)
Centro Virtual Cervantes
editarO Centro Virtual Cervantes é un sitio web creado e mantido polo Instituto Cervantes de España para contribuír á difusión da lingua española e as culturas hispánicas. Ofrece materiais e servizos para os profesores de español, os estudantes, os tradutores, xornalistas e outros profesionais que traballan coa lingua, así como para os hispanistas que se dedican a estudar a cultura española en todo o mundo, e para calquera persoa interesada na lingua e culturas hispánicas e na situación do español na rede.
Centros no mundo
editarPara os seus labores organízase en:
|
|
O Instituto Cervantes non ten aínda ningún centro no Sáhara Occidental, único territorio no mundo con poboación árabe que ten como segunda lingua o español. Actualmente estúdase un proxecto para establecer aulas no Aaiún a través de AECI.
En Xibraltar, logo dun acordo asinado en 2006, crearon un Instituto Cervantes. Esa situación xerou polémica na opinión pública española por ter o Instituto Cervantes centros só no estranxeiro, o que levaba recoñecer implicitamente certo grao de soberanía do goberno e das institucións británicas sobre este territorio así como o seu carácter cultural alleo a España.
O Instituto Cervantes pretende a próxima apertura de aulas en Reiquiavik, Oslo, Abixán, Dakar, Nairobi e San Petersburgo.
En América
editarEn América similar labor cúmpreno as Oficinas de Cooperación Técnica (OCT) e os Centros Culturais de España (CCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional. Anteriormente eran efectuados polo Instituto de Cooperación Iberoamericana.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Instituto Cervantes |