Nova Deli
Nova Deli (en hindi: नई दिल्ली, Nai Dilli) é desde 1931 a capital da República da India, antes diso a capital era Delhi, e sede dos poderes executivo, lexislativo e xudicial do Goberno da India. Está situada na metrópoles de Delhi e é un dos seus nove distritos.
Nova Deli | |
---|---|
नई दिल्ली | |
![]() | |
Vistas da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Estado | Territorio da capital nacional |
Xeografía | |
Altitude | 216 msnm |
Superficie | 42,7 km² |
Demografía | |
Poboación | 249.998 hab. (2011) |
Densidade | 5.854,7 hab./km² |
Outros datos | |
Páxina oficial |
A cidade foi planeada e construída como a cidade capital e foi chamada así cando os gobernantes ingleses mudaron a capital da India británica a esta cidade en 1911 desde Calcuta. Foi construída ao sur da antiga área urbana. Hoxe continúa sendo a capital da India independente.
Está situada dentro da metrópoles de Delhi e é unha das cidades de máis rápido crecemento no mundo cunha poboación de 14 millóns de habitantes. Nova Deli é un dos nove distritos de Delhi. A área total da cidade é de 42,7 km².


A planificación da cidade foi desenvolvida polo arquitecto Edwin Lutyens. A maior parte das institucións do goberno central da India aínda están situadas nesta área.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nova Deli |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |