O urdú[2] (nome local : urdū / اردو) é unha lingua india pertencente ao grupo indoiranio da familia das linguas indoeuropeas.

Urdú
اردو
Falado en: Oficialmente, Paquistán e a India. Extra-oficialmente, Kuwait, os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Bahrein, o Reino Unido, os Estados Unidos, Suráfrica e en varios outros países.
Total de falantes: 61 millóns nativos, 160 millóns en total
Posición: 21
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Idiomas hindi occidentais
    Urdú
Escrita: Alfabeto urdú
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Paquistán, india
Códigos de lingua
ISO 639-1: ur
ISO 639-2: urd
ISO 639-3: urd
Mapa
Status

O urdú está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.

Moi próximo ao hindi pola súa sintaxe e a súa morfoloxía (antes do 1947 chamábaselle hindustano ao hindi e mais ao urdú, que constituían unha soa lingua), fixo numerosos empréstimos lexicais ao árabe e ao persa, linguas que teñen introducido dentro do seu sistema fonolóxico fonemas suplementarios. A diferenciación co hindi tende a medrar despois da separación da India e Paquistán no 1947; o urdú experimenta actualmente un re-achegamento ao persa e unha eliminación dos termos sánscritos.

Alfabeto editar

O urdú escríbese segundo a grafía árabe-persa.

Alfabeto urdú
Letra Nome da letra Transcrición AFI
ا alif
ب be b /b/
پ pe p /p/
ت te t /t/
ٹ ṭe /ʈ/
ث se s /s/
ج jīm j /d͡ʒ/
چ che ch /t͡ʃ/
ح baṛī he h /h/ ~ /ɦ/
خ khe kh /x/
د dāl d /d̪/
ڈ ḍāl /ɖ/
ذ zāl dh /z/
ر re r /r/ ~ /ɾ/
ڑ ṛe /ɽ/
ز ze z /z/
ژ zhe zh /ʒ/
س sīn s /s/
ش shīn sh /ʃ/
ص su'ād /s/
ض zu'ād /z/
ط to'e t /t/
ظ zo'e /z/
ع ‘ain '
غ ghain gh /ɣ/
ف fe f /f/
ق qāf q /q/
ک kāf k /k/
گ gāf g /ɡ/
ل lām l /l/
م mīm m /m/
ن nūn n /n/
و vā'o v, o, ou ū /ʋ/, /oː/, /ɔ/ ou /uː/
ہ, ﮩ, ﮨ choṭī he h /h/ ~ /ɦ/
ھ do chashmī he h /ʰ/ ou /ʱ/
ء hamza ' /ʔ/
ی ye y, i /j/ ou /iː/
ے bari ye ai ou e /ɛː/ ou /eː/

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para urdú.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar