Moscova
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Coordenadas: 55°45′N 37°37′L / 55.750, -37.617
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moskva no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12.5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes da cidade. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia. Tamén é considerada a cidade máis populosa de Europa. Foi a capital da antiga Unión Soviética e da Rusia pre-imperial. En Moscova atópase o famoso Kremlin que actualmente serve como residencia do xefe de goberno. O xentilicio é moscovita.
Moscova | |||
---|---|---|---|
Москва | |||
Imaxes da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Distrito Federal | Central | ||
Cidade autónoma | Moscova | ||
Xeografía | |||
Altitude | 156 msnm | ||
Superficie | 2.510 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 12.500.123 hab. (2018) | ||
Densidade | 4.583 hab./km² | ||
Xentilicio | Moscovita[1] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 101xxx - 135xxx | ||
Alcalde | Sergei Sobjanin | ||
www.mos.ru Páxina Oficial |
A arquitectura e cultura de Moscova teñen sona mundial, Moscova tamén é coñecida pola famosa catedral de San Basil, coas súas elegantes cúpulas douradas, do mesmo xeito que tamén é coñecida a Catedral de Cristo Salvador. O Patriarcado de Moscova, cuxa residencia é o Mosteiro de Danilov, serve como cabeceira da igrexa ortodoxa rusa. Moscova tamén segue sendo o centro económico e o fogar dunha longa lista de Billonarios; así mesmo é considerada unha das cidades más caras de todo o mundo, e é o fogar de multitude de institucións culturais e científicas, xunto con importantes instalacións deportivas. A cidade posúe un complexo sistema de transporte e un dos metros máis densamente utilizados, famoso pola súa arquitectura. Moscova tamén acolleu os Xogos Olímpicos de verán de 1980.
Orixe etimolóxica do nomeEditar
O nome da cidade procede do río que a atravesa denominado Moscova ou Moskva, en antigo ruso: град Москов, literalmente a cidade do río Moskva.
A orixe do nome é descoñecida, aínda que existen varias teorías.[2] Unha teoría suxire que a orixe do nome procede dunha antiga lingua finesa, na que significa "escuro" e "turbio". A primeira referencia rusa de Moscova data de 1147 cando Yuri Dolgoruki pedía ao príncipe da República de Novgorod que o visitase nesta cidade.[3]
HistoriaEditar
- Artigo principal: Historia de Moscova.
PrehistoriaEditar
As escavacións arqueolóxicas mostran que o lugar da actual Moscova e os seus arredores están habitados desde tempos inmemoriais. Entre os achados máis antigos atópanse reliquias da cultura Lyalovo, que os expertos asignan ao período Neolítico, última fase da Idade de Pedra.[4]
Confirman que os primeiros habitantes da zona foron cazadores e recolectores. Ao redor do 950 d. C., dúas tribos eslavas, Vyatichi e Krivichi, establecéronse aquí. Posiblemente os Viatichi formaron o núcleo da poboación indíxena de Moscova.[5]
Historia antiga (1147–1284)Editar
- Véxase tamén: Rus de Kíiv e Principado de Vladímir-Súzdal.
A primeira referencia coñecida a Moscova data de 1147 como o lugar de encontro do principe ruríkida Yuri Dolgoruky (en ruso Юрий Долгорукий) e do principe novgorodo Sviatoslav Olgovich (en ruso Святослав Ольгович). Nese momento era unha cidade menor na fronteira occidental do Principado de Vladimir-Suzdal. A crónica deste encontro di: "Ven, meu irmán, a Moscova" (do ruso Приди ко мне, брате, в Москов).[6]
En 1156, Knyaz Yuri Dolgorukiy fortificou a cidade cunha cerca de madeira e un foxo. No transcurso da invasión mongola da Rus de Kiev, os mongois baixo o mando de Batu Khan queimaron a cidade ata o chan e mataron aos seus habitantes.[7]
Kremlin de MoscovaEditar
O emblemático conxunto de edificios coñecido como o Kremlin, construído no século XVI, foi a sede permanente dos tsares do Imperio Ruso ata que a comezos do século XVIII Pedro o Grande trasladou a capital a San Petersburgo.
Trala Revolución de Outubro e a conseguinte toma do poder polos bolxeviques, a capital foi trasladada novamente a Moscova pois temían unha posíbel invasión de Petrogrado —ex San Petersburgo—, que por atoparse na liña costeira do mar Báltico era máis vulnerábel a un ataque dalgúns países capitalistas que buscaban restaura-la monarquía do tsar.
A partir dese momento a vida política da nación concentrouse en Moscova e a cidade pasou a ser a capital da Unión Soviética, que agrupou varios países de Europa e Asia. Despois do final da segunda guerra mundial a Unión Soviética erixiuse como unha das dúas superpotencias de carácter mundial xunto con Estados Unidos. Por iso Moscova e Washington, as súas respectivas capitais, centraron o poder da política e a diplomacia internacional.
ClimaEditar
O clima de Moscova caracterízase polos invernos fríos, veráns quentes e temperados, e a brevidade da primavera e do outono. As temperaturas dos meses de agosto e xullo roldan os 23°C (68°F); no inverno, as temperaturas caen ata os -12°C. As precipitacións case non varían ó longo do ano, aínda que os niveis de precipitacións tenden a ser maiores no verán ca no inverno.
DemografíaEditar
A poboación de Rusia está a declinar nunhas 700.000 persoas cada ano dende o derrubamento da Unión Soviética en 1991 debido ás baixas taxas de natalidade e mailo aumento da taxa de mortalidade, Moscova non é inmune a estes efectos. No 2003, o número de nados excedeu en 49.400 ó número de finados. Aínda así o número de nados esta medrando pero isto non impide que medre a media de idade dos moscovitas. No 2004, había o dobre de Moscovitas de 55 anos que de 14 anos. Porén, a inmigración á cidade está a paliar estes efectos. Estes novos Moscovitas veñen atraídos polo alto crecemento da economía local , o que contrasta co estancamento ou diminución do resto de Rusia como resultado do proceso de polarización que se está a levar no país.
A cidade é fogar de moitos grupos raciais , dende estudantes africanos a xente de negocios de Irlanda. No 2002, a composición étnica de Moscova era dun 84,8 % rusos, 2,4 % ucraínos, 1,6 % tártaros, 1,2 % armenios, 0,9 % azarís 0,8 % xudeus, 0,6 % belarusos, 0,5 % xeorxianos, e un 7,2 % doutras orixes [8].
Evolución da poboación desde 1400 ata 1856
| |||||||||||
1400 | 1638 | 1710 | 1725 | 1738 | 1775 | 1785 | 1811 | 1813 | 1825 | 1840 | 1856
|
40 000 | 200 000 | 160 000 | 145 000 | 138 400 | 161 000 | 188 700 | 270 200 | 215 000 | 241 500 | 349 100 | 368 800 |
Evolución da poboación desde 1868 ata 2002
| |||||||||||
1868 | 1871 | 1888 | 1897 | 1912 | 1920 | 1926 | 1939 | 1959 | 1979 | 1989 | 2002
|
416 400 | 601 969 | 753 459 | 1 038 600 | 1 617 157 | 1 027 300 | 2 101 200 | 4 609 200 | 6 133 100 | 8 142 200 | 8 972 300 | 10 383 000 |
CulturaEditar
Museos e galeríasEditar
Moitos dos museos e galerías de Moscova posúen coleccións comparables ós mellores museos de Europa do leste e Norte América. As galerías e museos de Moscova adoitan facer exposicións e mostras de Escultura, Fotografía e Pintura, dende o máis vangardista ó máis clásico.
Un dos museos máis notables de Moscova é a Galería de Tretyakov, fundada por Pavel Tretyakov, un rico mecenas que doou parte da súa colección privada á cidade. Hoxe en día a Galería Tretyakov atópase dividida en dúas construcións.O vello Tretyakov, a galería orixinal que se atopa na area de Tretyakovskaya no sur do Río Moscova, nela pódense atopar o traballo de famosos pintores da pre-Revolución de Outubro, como Ilya Repin, tamén se poden atopar as vellas Pinturas Iconográficas xunto con traballos de Pintores Iconográficos como Andrei Rublev, e a nova Galería Tretyakov, creada en tempos Soviéticos, e que contén os traballos de pintores desta época e tamén dalgúns pintores contemporáneos. A nova galería posúe unha colección de artistas como Vladimir Tatlin, Kasimir Malevich e Wassily Kandinsky.
Outro importante museo da cidade de Moscova é o Museo Pushkin de belas artes, fundado entre outros polo pai de Marina Tsvetaeva. O Museo Pushkin aseméllase ó Museo Británico na cidade de Londres. O museo presenta mostras das culturas das antigas civilizacións. Porén, tamén posúe cadros de pintores tan importantes como Claude Monet, Paul Cézanne, e Pablo Picasso.
O Museo da Historia do Estado de Rusia (Государственный Исторический музей) é o museo en que se pode atopar mostras de toda historia de Rusia. Atópase entre a Praza Vermella e a Praza de Manege. As súas exposicións van dende as mostras das tribos prehistóricas que habitaban Rusia ata pezas de arte que pertencían á dinastía dos Romanov.
Teatros e outras artes escénicasEditar
Moscova tamén é o fogar das Artes Escénicas, incluíndo o Ballet ruso e o cinema. Na cidade hai[cando?] 99 teatros e 132 cinemas. Entre tódolos teatros de Moscova, o máis importante é o teatro Bolshoi e o Teatro Malyi xunto co Teatro Vakhtangov e o Teatro da Arte de Moscova.
Tamén hai dous importantes circos en Moscova: o Moscow State Circus e o Moscow Circus no Boulevard de Tsvetnoy.
Parques e espazos verdesEditar
Na cidade de Moscova atópanse 96 parques e 18 xardíns, incluíndo 4 xardíns botánicos, xunto con 450 quilómetros cadrados de espazos verdes e 100 de bosques. Moscova é unha cidade moi verde comparada coas cidades máis importantes da Europa occidental e América. A cidade ten unha media de 27 metros cadrados de zona verde por habitante, comparado cos 6 de París, os 7,5 de Londres e os 8,6 de Nova York.
O parque Gorki, chamado así polo escritor Maxim Gorki foi fundado en 1928. O parque ten unha extensión de 689.000 metros cadrados, e se atopa ao longo do río Moscova. O parque contén todo tipo de atraccións para os cativos, xunto con pistas de tenis e bicicletas de auga nas súas lagoas entre outras actividades deportivas. O parque limita co parque Neskuchniy cunha área de 408.000 metros cadrados. O parque é o máis vello da cidade e no pasado foi residencia do Emperador, entre os seus atractivos destaca o Gran teatro, un dos maiores anfiteatros de Europa, cunha capacidade para 15 mil persoas.
O parque Izmaylovskiy, creado en 1931 é un dos maiores parques urbanos do mundo xunto co Richmond Park en Londres. Cunha extensión de 15.34 km² é 6 veces maior co Central Park de Nova York.
O parque Sokolniki, cuxo nome está relacionado coas cacerías de falcóns que tiñan lugar na súa localización, é outro dos máis vellos parques de Moscova. O parque ten unha superficie de 6 quilómetros cadrados.
O parque nacional Losiny Ostrov (Literalmente - "O parque do alce"), que arrodea ao parque Sokolniki, cunha área de 116 km² foi o primeiro parque nacional declarado en Rusia, localizado na cidade de Moscova. É considerado o maior parque nunha cidade de tamaño considerable. O parque tamén é coñecido como "A taiga da cidade", onde poden verse alces en liberdade.
TransporteEditar
Transporte da cidadeEditar
A cidade de Moscova posúe 5 aeroportos: o Aeroporto Internacional Sheremetyevo, o Aeroporto Internacional Domodedovo, o Bykovo, o Aeroporto Internacional Ostafievo e o Aeroporto Internacional Vnukovo. O Aeroporto Internacional Sheremetyevo e o punto de entrada máis común entre os pasaxeiros estranxeiros aínda que os outros aeroportos tamén serven á cidade, con vós a outras repúblicas federais rusas e ós estados da antiga Unión Soviética. O Aeroporto Internacional Domodedovo é o aeroporto máis importante de Rusia en número de pasaxeiros.
Á parte do transporte aéreo, Moscova posúe varias estacións de ferrocarril que serven á cidade. A Estación de tren Belorusskiy, a Estación de tren Kazanskiy, a Kievskiy, a Kurskiy, a Leningradskiy, a Paveletskiy, a Rizhskiy, a Savyolovsky, e a Estación de tren Yaroslavlskiy localizadas todas elas preto do centro da cidade, uníndoa con cidades de Europa e Asia, e importantes cidades rusas como San Petersburgo, a segunda cidade máis grande de Rusia. Moscova tamén e a última parada do tren Transiberiano, que atravesa 9300 quilómetros dende Vladivostok.
Moscova tamén posúe dúas estacións de pasaxeiros no seu río, a (South River Terminal e a North River Terminal ou (Rechnoy vokzal) rutas regulares dos cruceiros que navegan polo Moscova e o Oka. North river terminal, foi construída no ano 1937 e é a máis utilizada para viaxes de longa duración . Á parte disto, Moscova tamén ten unha estación de autobús para longas travesías, a (Terminal central de Buses de Moscova) na cal circulan diariamente 25.000 pasaxeiros.
Transporte localEditar
O transporte local máis coñecido de Moscova é o Metro de Moscova, coñecido polos seus murais, mosaicos, e candeeiros . Cando se abriu por primeira vez no ano 1935, só posuía unha liña. Hoxe en día, o Metro posúe 12 liñas, a maioría interiores, con 172 estacións de metro. O Parque Pobedy ("Parque de Vitoria"), completado no ano 2003, é a estación de metro máis profunda do mundo, o cal posúe as Escaleiras Mecánicas máis longas de Europa. A estación de Metro de Moscova está no top 10 de terminais de Metro en número de pasaxeiros, e ten plans de expandirse aínda máis por toda a cidade. Moscova tamén posúe unha liña de monorraíl, que salva os problemas do Metro en Moscova.
Os buses da cidade son moi frecuentes, a miúdo pasan máis dun nun minuto. Todas as grandes rúas de Moscova son servidas polo menos por unha liña de autobús. Tamén hai tranvías e trolebuses.
Na cidade hai máis de 2,6 millóns de automóbiles, cifra que crece ano tras ano e que está a provocar moitos problemas de aparcadoiro.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moscovita.
- ↑ As orixes de Moskva Arquivado 27 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Comins-Richmond, Walter. "The History of Moscow" (en inglés). Occidental College. Arquivado dende o orixinal o 17-05-2006. Consultado o 06-05-2008.
- ↑ "The origins of Moscow: What archaeological finds, chronicles and urban legends tell us". Mos.ru. 5 de abril de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "History of Moscow - from village to metropolis". moskau.ru. Arquivado dende o orixinal o maio de 24, 2012. Consultado o 25 de xuño do 2022.
- ↑ "Начало Москвы: пир после убийства". BBC News Russian. 11 de abril de 2017. Consultado o 26 de xuño do 2022.
O comezo de Moscova: unha festa despois do asasinato
- ↑ Borís Rybakov: Киевская Русь и русские княжества XII-XIII вв. (‘A Rus de Kiev e os principados rusos nos séculos XII-XIII’). Moscova: Naúka, 1993. ISBN 5-02-009795-0.
- ↑ "National Composition of Population for Regions of the Russian Federation". 2002 Russian All-Population Census. 2002. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 2006-07-20.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Moscova |