Kontinental Hockey League

campionato internacional de hóckey sobre xeo

A Kontinental Hockey League (KHL; en ruso: Континентальная Хоккейная Лига (КХЛ), Kontinental'naya khokkeynaya liga, en galego: Liga Continental de Hóckey) é un campionato internacional profesional de hóckey sobre xeo fundado no ano 2008. Está formado por equipos con sede en Belarús (1), Casaquistán (1), China (1) e Rusia (19), para un total de 22.

Kontinental Hockey League
DeporteHóckey sobre xeo
Fundación2008
PaísRusia Rusia (19 equipos)
Casaquistán (1 equipo)
Belarús Belarús (1 equipo)
China (1 equipo)
PresidenteAlexei Morozov
Equipos22
Actual campiónAvangard Omsk (1º título)
Máis laureadoAk Bars Kazan (3 títulos)
LemaХоккей – наша игра!
Khokkey - nasha igra!
(Hóckey é o noso xogo!)[1]
Sitio webwww.khl.ru
KHL 2021−2022

A KHL está considerado como a principal competición de hóckey sobre xeo en Europa e Asia, así como a segunda máis forte do mundo despois da National Hockey League norteamericana. A nivel de público, a KHL é a terceira competición europea deste deporte en asistencia de público por partido, tendo unha media de 6 121 espectadores por encontro en liga regular, e a primeira en espectadores totais cun acumulado anual de 5,32 millóns. O título de campión da KHL leva o nome de Copa Gagarin, sendo temén outorgado o título de Campión de Rusia ao equipo deste país mellor clasificado.

Historia editar

O campionato KHL creouse no ano 2008 coa intención de substituír o anterior campionato, a Superliga Rusa, e subir o nivel do hóckey europeo en xeral e o ruso en particular, tentando mellorar unha liga considerada como a segunda mellor do mundo por detrás da NHL.[2] e mesmo competir directamente cos norteamericanos, para o que os equipos realizaron fortes investimentos en xogadores da National Hockey League que motivaron unha disputa entre as dúas ligas que rematou solucionándose coa sinatura de varios acordos sobre fichaxes e drafts. A nova liga contou na súa primeira tempada, a 2008-09, cos 20 equipos que formaban a Super Liga, sumados ao Khimik Voskresensk, que gañara a Vysshaya hokkeinaya liga (Segunda División) a tempada 2007-08. Ademais outros tres equipos estranxeiros apuntáronse para participar: o HC Dinamo Minsk de Belarús, o Dinamo Riga de Letonia, e o Barys Astana de Casaquistán. O 12 de abril de 2008 disputouse o sétimo e definitivo partido das series finais, que finalizou coa vitoria por 1 gol a 0 do Ak Bars Kazan sobre o Lokomotiv Yaroslavl, alzándose o equipo de Kazán como o primeiro campión da Copa Gagarin.

Para a tempada 2009-10 a KHL podería contar con 30 equipos. Entre os clubs convidados pola Liga constan formacións coma o Frölunda HC e Färjestads BK de Suecia, o Oulun Kärpät de Finlandia, o Sokil Kyiv de Ucraína e o EC Red Bull Salzburg de Austria entroutros, aínda que estes non confirmaron o seu ingreso. Para a tempada 2009 participará o Avtomobilist Ekaterinburg de Rusia (que non puido ingresar en 2008 por problemas financeiros).

Formato editar

Desde 2009, a liga está dividida en dúas en conferencias, a Leste e Oeste. Actualmente cada conferencia está formada por doce equipos dividios en dúas divisións de seis equipos cada unha. Cada equipo xoga catro xogos contra cada opoñente da división (20), tres xogos contra cada opoñente de conferencia que non é da división (18) e dous xogos contra cada opoñente que non é da conferencia (24), facendo isto un total de 62 xogos.

Os oito equipos mellor clasificados de cada conferencia clasifícanse para disputar os playoffs polo título de campión. As roldas eliminatorias dispútanse entre equipos da mesma conferencia. Deste xeito, en cada conferencia dispútanse eliminatorias de cuertos de final, semifinais e finais, de onde saen os dous equipos que xogarán a gran final pola Copa Gagarin. Cómpre destacar que os gañadores de cada división obteñen consideración de cabezas de serie. Desta forma, ocupan o primeiro e segundo postos cabeza de serie en función do seu balance en temporada regular. Todas as roldas de playoffs xóganse como series ao mellor de sete encontros.

Na temporada 2012−13, introduciuse a Copa Nadezhda (Copa da Esperanza), un torneo de consolación para os equipos que non se clasificaron para os playoffs. O equipo gañador do torneo gaña a primeira selección xeral no Draft da KHL. O torneo ten como obxectivo estender a temporada e axudar a manter o interese no hockey nas cidades destes equipos.[3]

Equipos editar

División Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundación Debut Adestrador Capitán
Conferencia Oeste
Bobrov HC Sochi   Sochi Bolshoy Ice Dome 12 000 2014   Andrei Nazarov   Yury Alexandrov
HC Vityaz   Podolsk Vityaz Ice Palace 5 500 1996 2008   Yuri Babenko   Fyodor Malykhin
SKA San Petersburgo   San Petersburgo Ice Palace 12 300 1946 2008   Valery Bragin   Evgeny Timkin
Spartak Moscova   Moscova Megasport Arena 12 126 1946 2008   Boris Mironov   Sergei Shirokov
Torpedo Nizhny Novgorod   Nizhny Novgorod Trade Union Sport Palace 5 500 1947 2008   David Nemirovsky   Anton Shenfeld
Tarasov CSKA Moscova   Moscova CSKA Arena 12 100 1946 2008   Sergei Fedorov   Sergei Andronov
Dinamo Minsk   Minsk Minsk-Arena 15 086 2004 2008   Craig Woodcroft   Artyom Demkov
Dynamo Moscova   Moscova VTB Arena 10 495 1946 2008   Alexei Kudashov   Vadim Shipachyov
Lokomotiv Yaroslavl   Yaroslavl Arena 2000 9 070 1959 2008   Igor Nikitin   Alexei Marchenko
Severstal Cherepovets   Cherepovets Ice Palace 5 583 1956 2008   Andrei Razin   Yegor Morozov
Conferencia Leste
Kharlamov Ak Bars Kazan   Kazán TatNeft Arena 8 895 1956 2008   Dmitri Kvartalnov   Danis Zaripov
Avtomobilist Ekaterimburgo   Ekaterimburgo KRK Uralets 5 545 2006 2009   Nikolai Zavarukhin   Nikita Tryamkin
Metallurg Magnitogorsk   Magnitogorsk Arena Metallurg 7 704 1950 2008   Ilya Vorobyov   Yegor Yakovlev
Neftekhimik Nizhnekamsk   Nizhnekamsk SCC Arena 5 500 1968 2008   Oleg Leontyev   Marat Khairullin
Red Star Kunlun   Pequín (Mytishchi) Mytishchi Arena 7 000 2016   Ivano Zanatta   Brandon Yip
Traktor Cheliabinsk   Cheliabinsk Traktor Ice Arena 7 500 1947 2008   Anvar Gatiyatulin   Sergei Kalinin
Chernyshev Admiral Vladivostok   Vladivostok Fetisov Arena 5 500 2013   Alexander Andriyevsky   Dmitry Lugin
Amur Khabarovsk   Khabarovsk Platinum Arena 7 100 1966 2008   Mikhail Kravets   Michal Jordan
Avangard Omsk   Omsk (Balashikha) Balashikha Arena 5 678 1950 2008   Bob Hartley   Alexei Emelin
Barys Nur-Sultan   Nur-Sultan Barys Arena 11 502 1999 2008   Yuri Mikhailis  Darren Dietz
Salavat Yulaev Ufa   Ufa Ufa Arena 8 070 1957 2008   Tomi Lämsä   Grigori Panin
Sibir Novosibirsk   Novosibirsk Ice Sports Palace Sibir 7 420 1962 2008   Andrei Martemyanov   Oleg Li

Xogadores editar

Por nacionalidade editar

A nacionalidade dun xogador é ás veces ambigua por diversas razóns. Para a táboa que se presenta a continuación, a nacionalidade "determínase en función do último país que o xogador representou nunha competición internacional. Se un xogador nunca xogou para un equipo nacional, xeralmente elíxese o país de nacemento como a nacionalidade do xogador, a menos que haxa probas sólidas que indiquen o contrario".[4] Para os xogadores nados en antigas repúblicas soviéticas, a situación adoita ser máis complexa debido á dobre cidadanía e a naturalización. O xogadores non rusos representan ao redor do 30-35% dos xogadores da KHL, sendo na súa maioría centroeuropeos, nórdicos e norteamericanos. Cómpre destacar que os equipos rusos están limitados a un máximo de cinco xogadores estranxeiros por equipo.[5]

País (equipos actuais) 2012–13 2013–14 2014–15 2015–16 2016–17 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21
  Austria 1
  Belarús (1 equipo) 33 43 50 41 38 39 35 49 50
  Bélxica 1
  Canadá 32 63 51 35 53 51 58 60 47
  China (1 equipo) 3 2
  Croacia 1 4 4 4 6 2 1
  República Checa 45 47 29 35 35 33 28 20 23
  Dinamarca 1 2 4 3 5 6 4 3
  Finlandia (1 equipo) 40 37 51 48 51 42 45 46 54
  Francia 1 1 2 3 1 1
  Alemaña 1 2 2 1 2 3
  Italia 2 2
  Israel 1
  Casaquistán (1 equipo) 33 37 34 40 37 38 33 38 30
  Letonia (1 equipo) 35 34 29 34 33 33 29 35 34
  Lituania 2 1 1
  Noruega 3 3 3 1 1
  Rusia (19 equipos) 569 599 613 657 678 661 596 586 659
  Eslovaquia 53 44 32 28 28 24 24 6 6
  Eslovenia 2 4 4 4 4 3
  Corea do Sur 1 1
  Suecia 24 21 27 26 23 25 24 30 33
  Suíza 1 1
  Ucraína 12 17 2 2 4 2
  Estados Unidos 14 21 26 20 25 20 20 14 17
Total 896 976 960 983 1 027 983 908 893 961

Estatísticas de xogadores editar

Récords nunha temporada editar

Liga regular editar

A seguinte é unha lista cos mellores rexistros acadados por xogadores de forma individual.[6]

Récord Nome Temporada
Puntos 85   Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2016–17
Goles 48   Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2016–17
Asistencias 65   Nikita Gusev (SKA) 2018–19
Tiros a porta 253   Darren Dietz (Barys) 2018–19
Plus/minus +48   Vladislav Gavrikov (SKA) 2018–19
Penalty minutes 374   Darcy Verot (Chekhov) 2009–10
Vitorias 38   Jakub Kovář (Avtomobilist) 2018–19
Shutouts 13   Alexei Murygin (Yaroslavl) 2015–16

Playoffs editar

Récord Nome Temporada
Puntos 33   Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2013–14
Goles 15   Evgenii Dadonov (SKA) 2014–15
  Danis Zaripov (Magnitogorsk) 2016–17
Asistencias 20   Sergei Mozyakin (Magnitogorsk) 2013–14
  Chris Lee (Magnitogorsk) 2016–17
Tiros a porta 82   Evgeny Kuznetsov (Chelyabinsk) 2012–13
Plus/minus +16   Dominik Graňák (Dynamo Moscova) 2012–13
  Chris Lee (Magnitogorsk) 2016–17
Penalty minutes 69   Maxim Goncharov (Ufa) 2015–16
Vitorias 16   Alexander Yeryomenko (Dynamo Moscova) 2011–12, 2012–13
  Vasily Koshechkin (Magnitogorsk) 2013–14
  Mikko Koskinen (SKA) 2014–15
  Emil Garipov (Kazan) 2017–18
  Ilya Sorokin (CSKA Moscova) 2018–19
Shutouts 7   Lars Johansson (CSKA Moscova) 2020–21

Récords en toda a carreira editar

Liga regular editar

Récord Nome Anos
Puntos 756   Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Goles 351   Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Asistencias 434   Vadim Shipachyov (Cherepovets, SKA, Dynamo) 2008–2021
Partidos xogados 685   Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Plus/minus +224   Alexander Radulov (Ufa, CSKA) 2008–2016
Penalty minutes 1050   Yevgeni Artyukhin (SKA, Atlant, CSKA, Novosibirsk, Dynamo, Vityaz) 2008–2021
Vitorias 271   Vasily Koshechkin (Togliatti, Magnitogorsk, Cherepovets) 2008–2021
Shutouts 71   Vasily Koshechkin (Togliatti, Mognitogorsk, Cherepovets) 2008–2021

Playoffs editar

Récord Nome Anos
Puntos 172   Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Goles 68   Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Asistencias 104   Sergei Mozyakin (Atlant, Magnitogorsk) 2008–2021
Partidos xogados 161   Yevgeny Biryukov (Magnitogorsk, Ufa) 2008–2021
Plus/minus +52   Danis Zaripov (Kazán, Magnitogorsk) 2008–2021
Penalty minutes 312   Grigori Panin (Kazán, CSKA, Ufa) 2008–2021
Vitorias 71   Vasily Koshechkin (Togliatti, Magnitogorsk, Cherepovets) 2008–2021
Shutouts 16   Ilya Sorokin (CSKA) 2015–2020

Estatísticas de equipos editar

Desde a súa fundación en ano 2008 teñen xogado 35 equipos diferentes na KHL, con 32 deles conseguindo nalgunha ocasión clasificarse para os play-offs. Dos 24 equipos actuais, tan só o Metallurg Novokuznetsk e o Khimik Voskresensk nunca conseguiron disputar as eliminatorias pola Copa Gagarin. Actualmente, ningún deses dous equipos forman parte da competición. A táboa mostra a clasificación final da liga regular de todos os equipos, coa súa actuación nos play-offs indicada por medio de cores. Os equipos están ordenados en función dos seus mellores resultados no campionato.

 [a]: Inclúe as participacións do Dynamo Moscova antes da súa fusión co HC MVD en 2010
 [b]: Non participou na tempada 2011-12 a causa do accidente aéreo que o 7 de setembro de 2011 matou a todo o equipo
 [2020]: Semifinais de conferencia canceladas debido á pandemia de COVID-19

Datos de asistencia editar

Dende a súa creación no 2008, a KHL foi acadando unha maior popularidade que se traduciu nun aumento na asistencia do público aos pavillóns, producíndose un aumento de case 1 000 espectadores na audiencia media dende a tempada inaugural até a temporada 2012−13  a pesar de producirse un aumento no número de equipos. A continuación preséntanse os datos de asistencia total e media aos partidos da KHL por tempada.[7][8][9][10]

Tempada Asistencia total Asistencia media
2008–09 3 886 948 6 233
2009–10 4 223 698 6 264
2010–11 4 293 271 6 944
2011–12 4 320 908 6 861
2012–13 4 775 086 6 912
2013–14 5 190 133 6 614
2014–15 6 066 093 7 405
2015–16 5 875 645 7 065
2016–17 5 892 889 7 210
2017–18 5 318 175 7 005
2018–19 5 644 804 7 544
2019–20 5 118 949 6 854

Palmarés editar

Temporada Equipos   Campión da Copa Gagarin   Finalista da Copa Gagarin Resultado Gañador da Copa Continental Máximo goleador
2008–09 24 Ak Bars Kazan Lokomotiv Yaroslavl 4–3 Salavat Yulaev Ufa* (129 puntos) Sergei Mozyakin (76 puntos: 34 G, 42 A)
2009–10 24 Ak Bars Kazan HC MVD 4–3 Salavat Yulaev Ufa (129 puntos) Sergei Mozyakin (66 puntos: 27 G, 39 A)
2010–11 23 Salavat Yulaev Ufa Atlant Moscow Oblast 4–1 Avangard Omsk (118 puntos) Alexander Radulov (80 puntos: 20 G, 60 A)
2011–12 23 Dynamo Moscova Avangard Omsk 4–3 Traktor Chelyabinsk (114 puntos) Alexander Radulov (63 puntos: 25 G, 38 A)
2012–13 26 Dynamo Moscova Traktor Chelyabinsk 4–2 SKA San Petersburgo (115 puntos) Sergei Mozyakin (76 puntos: 35 G, 41 A)
2013–14 28 Metallurg Magnitogorsk HC Lev Praha 4–3 Dynamo Moscova (115 puntos) Sergei Mozyakin (73 puntos: 34 G, 39 A)
2014–15 28 SKA San Petersburgo Ak Bars Kazan 4–1 CSKA Moscova (139 puntos) Alexander Radulov (71 puntos: 24 G, 47 A)
2015–16 28 Metallurg Magnitogorsk CSKA Moscova 4–3 CSKA Moscova (127 puntos) Sergei Mozyakin (67 puntos: 32 G, 35 A)
2016–17 29 SKA San Petersburgo Metallurg Magnitogorsk 4–1 CSKA Moscova (137 puntos) Sergei Mozyakin (85 puntos: 48 G, 37 A)
2017–18 27 Ak Bars Kazan CSKA Moscova 4–1 SKA San Petersburgo (138 puntos) Ilya Kovalchuk (63 puntos: 31 G, 32 A)
2018–19 25 CSKA Moscova Avangard Omsk 4–0 CSKA Moscova (106 puntos) Nikita Gusev (82 puntos: 17 G, 65 A)
2019–20 24 Cancelada debido á pandemia de COVID-19 CSKA Moscova (94 puntos) Vadim Shipachyov (65 puntos: 17 G, 48 A)
2020–21 23 Avangard Omsk CSKA Moscova 4–2 CSKA Moscova (91 puntos) Vadim Shipachyov (66 puntos; 20 G, 46 A)

*Na primeira tempada, o Salavat Yulaev Ufa foi o campión da liga regular, mais a Copa Continental aínda non era entregada.

Notas editar

  1. "Новый игровой ролик КХЛ "Пробка"" (en Russian). khl.ru. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  2. Across the Pond (NHL.com)[Ligazón morta]
  3. "Cup of Hope". khl.ru. 22 January 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 07 de decembro de 2021. 
  4. "QuantHockey FAQ: How is player nationality determined?". quanthockey.com. 
  5. "KHL - 2012-2013". Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  6. "Kontinental Hockey League Records". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  7. "Attendance figures in European hockey leagues 2009-2010". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  8. "Attendance in Europe and health of the fan culture 10/11". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  9. "Regular-Season average attendance Europe & Asia 2011-2012". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2013. Consultado o 08 de maio de 2013. 
  10. "Regular-Season average league attendance Europe & Asia 2012-2013". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 08 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.