Färjestad BK

(Redirección desde «Färjestads BK»)

O Färjestad Bollklubb, abreviado FBK, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da localidade de Karlstad (Suecia). Actualmente compite na SHL, a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco e que gañor en nove ocasións dun total de 18 finais disputadas dende que se estableceu a competición en 1975. Mantén unha forte rivalidade con Djurgårdens IF, Frölunda HC e HV71. Xoga os seus partidos como local no Löfbergs Lila Arena, pavillón con capacidade para 8.250 espectadores.

Färjestad BK
Fundación1932
Cidade Karlstad,
Värmland
Suecia
EstadioLöfbergs Lila Arena
(8.250 espectadores)
LigaSHL
Campionatos9
Adestrador Leif Carlsson
Afiliado(s)Örebro HK (Hockeyallsvenskan)
CoresVerde, branco e dourado
                 
Na rede
http://www.farjestadsbk.se/
Facebook: farjestadbk Twitter: farjestad_bk Instagram: farjestad_bk Editar o valor em Wikidata

Historia

editar

O Färjestad BK foi fundado o 10 de novembro de 1932[1] en Håfström Kiosk por Sven Bryhske, Gösta Jonsson, Sven Larsson e Erik Myren. Inicialmente o deporte principal foi o bandy, incluíndose o hóckey sobre xeo en 1956.

En 1965, o Färjestad ascendeu á máxima categoría (daquela 1 División Sur), competición que conseguiu gañar por primeira vez en 1973. Durante a tempada 1974-75, o Färjestad clasificouse para a SHL, e dende aquela nunca descendeu.

Palmarés

editar

Xogadores

editar

Xogadores destacados

editar

Suecia

editar

Outros países

editar

Números retirados

editar
  1. "Ficha do club en hockeyarenas.net". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2010. Consultado o 26 de abril de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar