Abrir o menú principal

A Svenska hockeyligan[1] é a liga profesional de hóckey sobre xeo de Suecia, creada en 1975, que se compón de 12 equipos. Está considerada unha das ligas máis importantes do mundo neste deporte, tan só por detrás da National Hockey League norteamericana e a Kontinental Hockey League do leste europeo. Existen outras ligas europeas profesionais dun nivel comparable ó que ten a Elitserien, como son as ligas checa, finesa, alemá, suíza e eslovaca.

SHL
Swedish Hockey League.png
Fundación1975
RexiónSuecia Suecia
Equipos12
Actual campiónSkellefteå Skellefteå AIK (3º título)
Máis laureadoKarlstad Färjestads BK (9 títulos dende 1975)
TelevisiónC More
Sitio webwww.hockeyligan.se
Hockey current event.svg Svenska hockeyligan 2013-2014

Índice

FormatoEditar

Cada tempada da Elitserien comeza en setembro e remata en abril do ano seguinte. Nela, cada un dos 12 equipos disputa 55 encontros de liga regular, é dicir, 5 encontros fronte a cada rival. Os encontros duran 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos. Se ó remate dun encontro persiste o empate, xóganse ata 5 minutos de tempo engadido con morte súpeta. Os equipos puntúan do seguinte xeito:

  • Vitoria no tempo regulamentario: 3 puntos.
  • Vitoria no tempo engadido: 2 puntos.
  • Empate ou derrota no tempo engadido: 1 punto.
  • Derrota no tempo regulamentario: 0 puntos.

Cando esta fase de liga regular remata, os 8 primeiros equipos da táboa pasan a disputar as eliminatorias polo título. Tódalas eliminatorias, tanto de cuartos de final, de semifinais e as finais, decídense ó mellor de 7 encontros, de xeito que o gañador de cada emparellamento e aquel equipo que gaña 4 dos enfrontamentos. Por outra banda, os 2 últimos equipos da táboa disputan unha liguiña de promoción cos 4 mellores equipos da segunda división, chamada Hockeyallsvenskan.

Equipos 2014-2015Editar

PalmarésEditar

Encontro de liga do Djurgården IF.
 
Pavillón do Färjestad BK.
 
Encontro no pavillón do Modo Hockey.
 
O Scandinavium, o maior pavillón da competición e fogar do Frölunda HC.
Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
2018-19   Frölunda HC 4 - 2   Djurgården IF -   Färjestad BK
2017-18   Växjö Lakers 4 - 0   Skellefteå AIK -   Växjö Lakers
2016-17   HV71 4 - 3   Brynäs IF -   Växjö Lakers
2015-16   Frölunda HC 4 - 1   Skellefteå AIK -   Skellefteå AIK
2014-15   Växjö Lakers 4 - 2   Skellefteå AIK -   Skellefteå AIK
2013-14   Skellefteå AIK 4 - 0   Färjestad BK -   Skellefteå AIK
2012-13   Skellefteå AIK 4 - 0   Luleå HF -   Skellefteå AIK
2011-12   Brynäs IF 4 - 2   Skellefteå AIK -   Luleå HF
2010-11   Färjestad BK 4 - 1   Skellefteå AIK -   HV71
2009-10   HV71 4 - 2   Djurgården IF -   HV71
2008-09   Färjestad BK 4 - 1   HV71 -   Färjestad BK
2007-08   HV71 4 - 2   Linköpings HC -   HV71
2006-07   Modo Hockey 4 - 2   Linköpings HC -   Färjestad BK
2005-06   Färjestad BK 4 - 2   Frölunda HC -   HV71
2004-05   Frölunda HC 4 - 1   Färjestad BK -   Frölunda HC
2003-04   HV71 4 - 3   Färjestad BK -   HV71
2002-03   Frölunda HC 4 - 0   Färjestad BK -   Frölunda HC
2001-02   Färjestad BK 3 - 0   Modo Hockey -   Färjestad BK
2000-01   Djurgården IF 4 - 2   Färjestad BK -   Djurgården IF
1999-00   Djurgården IF 3 - 0   Modo Hockey -   Djurgården IF
1998-99   Brynäs IF 3 - 2   Modo Hockey -   Modo Hockey
1997-98   Färjestad BK 3 - 2   Djurgården IF -   Djurgården IF
1996-97   Färjestad BK 3 - 1   Luleå HF -   Leksands IF
1995-96   Luleå HF 3 - 1   Frölunda HC -   Luleå HF
1994-95   HV71 3 - 2   Brynäs IF -   Djurgården IF
1993-94   Malmö IF 3 - 2   Modo Hockey -   Leksands IF
1992-93   Brynäs IF 3 - 2   Luleå HF -   Västerås HK
1991-92   Malmö IF 3 - 2   Djurgården IF -   Färjestad BK
1990-91   Djurgården IF 3 - 0   Färjestad BK -   Djurgården IF
1989-90   Djurgården IF 3 - 1   Färjestad BK -   Färjestad BK
1988-89   Djurgården IF 3 - 1   Leksands IF -   Djurgården IF
1987-88   Färjestad BK 3 - 1   IF Björklöven -   Djurgården IF
1986-87   IF Björklöven 3 - 1   Färjestad BK -   Färjestad BK
1985-86   Färjestad BK 3 - 2   Södertälje SK -   Färjestad BK
1984-85   Södertälje SK 3 - 2   Djurgården IF -   Djurgården IF
1983-84   AIK IF 3 - 0   Djurgården IF -   AIK IF
1982-83   Djurgården IF 3 - 2   Färjestad BK -   Färjestad BK
1981-82   AIK IF 3 - 2   IF Björklöven -   Färjestad BK
1980-81   Färjestad BK 3 - 1   AIK IF -   Skellefteå AIK
1979-80   Brynäs IF 3 - 2   Frölunda HC -   Leksands IF
1978-79   Modo Hockey 2 - 1   Djurgården IF -   Modo Hockey
1977-78   Skellefteå AIK 2 - 1   AIK IF -   Brynäs IF
1976-77   Brynäs IF 2 - 0   Färjestad BK -   Brynäs IF
1975-76   Brynäs IF 2 - 0   Färjestad BK -   Brynäs IF

Antes de 1975 existía outra competición nacional de liga que comezara a disputarse en 1922, é dicir, tan só 2 anos despois de que o hóckey sobre xeo fose introducido no país polo director de cine norteamericano Raoul Le Mat. Aquel campionato tivo varios nomes: Klass 1, Svenska serien, Division I etc. Dende 1944 constaba de dous grupos, un Norte e outro Sur. A seguinte lista amosa os campións suecos anteriores á creación da Elitserien:

 
Equipo do IK Göta que foi campión en 1922.
 
O capitán do Frölunda HC recibindo o Trofeo Le Mat tralo campionato acadado en 1965.

Dende 1922 ate a actualidade, o equipo que acada o título de campión de Suecia na liga de hóckey sobre xeo recibe o "Trofeo Le Mat". Este trofeo de prata é o máis antigo do deporte profesional sueco. No seu momento foi donado polo director de cine norteamericano Raoul Le Mat e a Metro-Goldwyn-Mayer. De seguido amósase unha táboa coa cantidade de trofeos Le Mat que ten gañou cada equipo dende 1922. Os anos que están en letras grosas fan referencia ós campionatos da era Elitserien, é dicir, dende 1976:

NºTítulos Equipo Trofeos Le Mat
16   Djurgården IF 1926, 1950, 1954, 1955, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1983, 1989, 1990, 1991, 2000, 2001
13   Brynäs IF 1964, 1966, 1967, 1968, 1970, 1971, 1972, 1976, 1977, 1980, 1993, 1999, 2012
9   Färjestad BK 1981, 1986, 1988, 1997, 1998, 2002, 2006, 2009, 2011 (Equipo máis laureado da Elitserien)
9   IK Göta 1922, 1923, 1924, 1927, 1928, 1929, 1930, 1940, 1948
8   Hammarby IF 1932, 1933, 1936, 1937, 1942, 1943, 1945, 1951
7   AIK IF 1934, 1935, 1938, 1946, 1947, 1982, 1984
7   Södertälje SK 1925, 1931, 1941, 1944, 1953, 1956, 1985
5   HV71 1995, 2004, 2008, 2010, 2017
4   Leksands IF 1969, 1973, 1974, 1975
4   Frölunda HC 1965, 2003, 2005, 2016
3   Skellefteå AIK 1978, 2013, 2014
2   Malmö IF 1992, 1994
2   Modo Hockey 1979, 2007
2   Växjö Lakers 2015, 2018
1   IF Björklöven 1987
1   Gävle GIK 1957
1   Luleå HF 1996

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar