Skellefteå é unha cidade sueca no condado de Västerbotten e é a capital do municipio de Skellefteå. No ano 2017 tiña 72 723 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaSkellefteå
Imaxe

Localización
Mapa
 64°48′N 21°00′L / 64.8, 21
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västerbotten
MunicipiosSkellefteå (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación36.388 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.488,87 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.444 ha Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorNils Nordlander (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico0910 Editar o valor en Wikidata

Sitio webskelleftea.se Editar o valor en Wikidata

Skellefteå é unha cidade industrial histórica, sendo a minería, principalmente a do ouro, unha das industrias máis importantes. Politicamente é un importante bastión do Partido Socialdemócrata Sueco. A cidade é moi coñecida polo seu equipo de xoquei sobre xeo, o Skellefteå AIK, que xoga na principal división do país gañando o título en varias ocasións.

A cidade fundouse no ano 1845 e medrou principalmente durante as décadas de 1950 e 1960 ata case alcanzar o seu tamaño actual. É a segunda cidade máis grande de Västerbotten tras Umeå e atópase a medio camiño entre esta e Luleå, a uns 15 quilómetros da costa do golfo de Botnia.

  1. Statistiska centralbyrån (ed.). "Population in the country, counties and municipalities on 31/12/2017 and Population Change in 2017" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 23 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar