Golfo de Botnia
O Golfo de Botnia (sueco; Botniska viken, finés; Pohjanlahti) é o brazo máis setentrional do Mar Báltico. O golfo atópase entre a costa occidental da Finlandia e a costa oriental de Suecia. Ao sur do golfo sitúanse as illas Åland e o seu mar.
Golfo de Botnia | |
---|---|
Pohjanlahti - Bottniska viken | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() |
División | Provincias de Estocolmo, Uppsala, Gävleborg, Västerbotten, Västernorrland e Norrbotten (SUE) Provincias de Laponia finlandesa, Oulu, Finlandia Occidental e Åland (FIN) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Báltico (océano Atlántico) |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Illas interiores | Illas Åland (FIN) |
Afluentes | Dal (541,7 km), Ljusnan(443,3 km), Ljungan (399,3 km), Indals (430 km), Ångerman (463 km), Ume (460 km), Skellefte (410 km), Pite (400 km), Lule (460,8 km) e Kalix (460,6 km) (SUE) Torne (570 km) (SUE-FIN) |
Cidades ribeiregas | Gävle, Sundsvall, Härnösand, Örnsköldsvik, Umeå e Luleå (SUE) Oulu, Kokkola, Vaasa e Pori (FIN) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía de Botnia |
Características | |
Superficie | 116.300 km² |
Lonxitude máxima | 725 km |
Anchura máxima | 80-240 km |
Profundiade máxima | 295 m |
Profundidade media | 60 m |
Mapa | |
Localización do golfo de Botnia | |
Vista satélite | |
Un dos aspectos máis característicos do golfo e que posúe unha baixa salinidade o que permite que moitos peixes de auga doce vivan nel. Posúe unhas augas moi frías e pouco profundas, chegando a conxelarse durante uns meses ao ano na zona norte do golfo. A súa superficie é de 116.300 km², ten 725 km de lonxitude, entre 80 e 240 km de ancho e unha profundidade media de 60 m, sendo o seu máximo de 295.
Entre Umeå e Vaasa o Golfo de Botnia forma a parte máis estreita.
Localidades do golfoEditar
Algunhas das localidades máis importantes que teñen costa neste golfo son:
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Botnia |