Coordenadas: 65°01′N 25°28′L / 65.017, -25.467
Oulu (en sueco: Uleåborg) é unha cidade de Finlandia. É a cidade maior do norte do país, cunha poboación de cerca de 130.000 habitantes, o que a converte na sexta cidade finlandesa.
Oulu foi fundada en 1605. No pasado Oulu foi famosa por vender alcatrán por todo o mundo. Na actualidade moitos dos seus habitantes traballan para empresas tecnolóxicas que fabrican teléfonos portátiles, computadoras e software.
Oulu é unha cidade universitaria. A súa universidade é das maiores de Finlandia con arredor duns 15.000 estudantes.