Hangzhou
Coordenadas: 30°15′N 120°10′L / 30.250, -120.167
Hangzhou é unha cidade da República Popular da China capital da provincia de Zhejiang, sitúase 180 km ao suroeste de Shanghai, á beira do río Fuchun xusto antes da súa foz (co nome de río Qiantang) na baía de Hangzhou do Mar do Leste da China. Cidade historicamente importante (considerada unha das sete antigas capitais chinesas) conta cunha poboación de 8 100 000 habitantes (2009; concello de 16.847 km²).
Hangzhou | |
---|---|
杭州市 | |
Varias imaxes da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Zhejiang |
Xeografía | |
Altitude | 5 msnm |
Superficie | 16 840,76 km² |
Demografía | |
Poboación | 8 844 400 hab. (2010) |
Densidade | 2 100 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 310000 |
Alcalde | Zhang Hongming (张鸿铭) |
Páxina oficial |
Fundada en tempos da dinastía Qin (215 aC), terminal sur do Gran Canal (609) cando foi amurallada, acadou a súa importancia como capital da dinastía dos Song Meridionais (século XII-XIII) e foi visitada por Marco Polo, xa en tempos dos mongois da dinastía Yuan, quen relatou o seu esplendor.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hangzhou |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en chinés)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |