Camberra
Camberra[1][2][3][4] (en inglés: Canberra) é a capital de Australia, e cunha poboación de 410 300 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte do Territorio da Capital Australiana, 280 km ao suroeste de Sidney, e 650 km ao nordeste de Melbourne. A territorio de Camberra foi elixido como sede da capital do país en 1908 tralo acordo entre as cidades de Sidney e Melbourne, a dúas cidades maiores de Australia. Camberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto de Chicago, Walter Burley Griffin quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Camberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados pola primeira e segunda guerra mundial e a Gran Depresión, Camberra emerxeu como unha cidade próspera trala fin da segunda guerra mundial.
Canberra (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Australia | ||||
Mainland territory of Australia (en) | Territorio da Capital Australiana | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 381.488 (2014) (808,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 471,78 km² | ||||
Bañado por | Lago Burley Griffin (pt) | ||||
Altitude | 578 m | ||||
Creación | 12 de marzo de 1913 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2600–2617 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0251, 0252, 0261 e 0262 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | act.gov.au | ||||
Como sede do goberno de Australia, en Camberra atópanse a Parlamento, o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe do PIB do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Camberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais.
Camberra divídese en distritos:
- North Canberra, construíuse primordialmente entre as década de 1920 e 1930, medrando na de 1960, hoxe comprende 14 barrios
- South Canberra, desenvolveuse entre os anos 1920 e 1960, 13 barrios
- Woden Valley, construción desde 1963, 13 barrios
- Belconnen, construción desde 1967, 25 barrios
- Weston Creek, construción desde 1969, 8 barrios
- Tuggeranong, construción desde 1974, 19 barrios
- Gungahlin, construción desde os anos 1990, 18 barrios mais só 12 desenvolvidos ou en desenvolvemento
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camberrano.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.