Dili
Coordenadas: 8°33′13″S 125°34′42″L / -8.5536111111111, 125.57833333333
Dili (en portugués: Díli) é a capital de Timor Leste. Sitúase na costa norte da illa de Timor, a máis oriental das illas do arquipélago malaio. Dili é o principal porto e centro comercial de Timor Leste e tamén posúe un aeroporto usado por voos comerciais e militares. Conta con 277.279 habitantes, segundo o censo de 2015.[1]
Dili | |
---|---|
Díli | |
![]() | |
Imaxes de Dili | |
Localización | |
País | ![]() |
Distrito | Distrito de Dili |
Xeografía | |
Altitude | 11 msnm |
Superficie | 48,268 km² |
Demografía | |
Poboación | 277.279 hab. (2015) |
Densidade | 5.744 hab/km² |
Outros datos | |
Alcalde | Gaspar Soares (2014) |
Historia Editar
Dili foi fundada o 1769 polos portugueses, como nova capital do Timor Portugués, en substitución de Lifau, no actual enclave de Oecussi-Ambeno, demasiado vulnerábel aos ataques dos neerlandeses. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi ocupada polos xaponeses e, coa fin da guerra, retornou o dominio portugués. Cando Timor Leste proclamou a súa independencia o 28 de novembro de 1975, tornouse capital do novo país. Porén, nove días despois, o 7 de decembro, forzas militares da Indonesia invadiron Dili. O 7 de xullo de 1976, a Indonesia transformou Timor Leste na súa 27ª provincia, chamada Timor Timur. No entanto, unha loita de guerrillas contra o invasor proseguiu, sendo violentamente combatida polo goberno indonesio. Ducias de millares de civís foron mortos.
Cando o país recuperou a súa independencia (vide historia de Timor Leste), Dili volveu novamente a ser capital do país.
Notas
- ↑ "Dili em números. Estatística municipio de Dili" (PDF). www.statistics.gov.tl (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2018.
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dili |