Timor Portugués era o nome de Timor Leste cando estaba baixo administración portuguesa (1596-1975).[1] Durante ese período, Portugal compartiu a illa de Timor coas Indias Orientais Neerlandesas, e desde 1949 con Indonesia.

Modelo:Xeografía políticaTimor portugués

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 8°33′00″S 125°35′00″L / -8.55, 125.5833Coordenadas: 8°33′00″S 125°35′00″L / -8.55, 125.5833
CapitalDili Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1702 Editar o valor em Wikidata
Disolución7 de decembro de 1975
v. 17 de xullo de 1976
20 de maio de 2002 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
28 de novembro de 19751975 proclamation of independence from East Timor (en) Traducir
7 de decembro de 1975Invasão indonésia de Timor-Leste (pt) Traducir
7 de decembro de 1975Ocupação de Timor-Leste pela Indonésia (pt) Traducir
17 de xullo de 1976Anexión Editar o valor em Wikidata
MoedaPataca timorense Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Monumento a Nosa Senhora en Dili, co brasón do Timor Portugués

O primeiro documento europeo coñecido que se refire á illa é unha carta de Rui de Brito Patalim a Manuel I de Portugal, datada o 6 de xaneiro de 1514 en que se indican os navíos que partiran cara a Timor.[2] Atraídos inicialmente polos recursos naturais, os portugueses levaron con eles misioneiros e a relixión católica. Coa chegada do primeiro gobernador en 1702, deuse inicio á organización colonial do territorio, creándose o chamado Timor Portugués.

O Tratado de Lisboa, celebrado o 20 de abril de 1859 entre os reinos de Portugal e dos Países Baixos[3] conduciu á demarcación das posesións portuguesas e neerlandesas en Timor e nas illas adxacentes. Segundo os termos dese tratado, Portugal cedeu Larantuca, Sicca e Payas, na illa das Flores, Wouré, na illa de Adonara, e Pamung Kaju, na illa de Solor. En contrapartida, os Países Baixos cederon o reino de Maubara e renunciaron a Ambeno, na illa de Timor, así como renunciaron a Ataúro e pagaron unha compensacións de 200 000 floríns.[4]

A pesar de que Portugal foi neutral durante a segunda guerra mundial, en decembro de 1941 o Timor Portugués foi ocupado por forzas australianas e neerlandesas, que esperaban unha invasión por parte do Imperio xaponés. Cando os xaponeses ocuparon Timor, en febreiro de 1942, os Aliados, xunto con voluntarios timorenses, enfrontáronselles nunha guerrilla durante a chamada batalla de Timor. O enfrontamento deu como resultado a morte dun número indeterminado de timorenses (entre 40 000 e 70 000) e de 81 portugueses.

Tras 1949, as Indias Orientais Neerlandesas independizáronse baixo o nome de Indonesia. En 1960, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, mediante a Resolución do 14 de decembro de 1960, considerou o Timor Portugués un territorio non autónomo baixo administración portuguesa. Isto nunca foi aceptado polos presidentes do consello António de Oliveira Salazar e Marcelo Caetano nin pola Constitución de 1933, e continuaron a considerar o territorio parte integrante de Portugal. Porén, a resolución foi aceptada pola Lei 7/1974 de 27 de xullo do Conselho da Revolução[1] que mostrou a aceptación da independencia de todos os territorios ultramarinos.

En 1975, como consecuencia da Revolución dos Carabeis en Portugal e a decisión de proceder á rápida autodeterminación de todas as provincias ultramarinas, Timor Portugués declarou unilateralmente a súa independencia e cambiou o seu nome a Timor Leste. Esta acción foi seguida dunha invasión e anexión por parte de Indonesia, que nunca foi recoñecida polas Nacións Unidas.

Desde o punto de vista portugués, foi tecnicamente o 20 de maio de 2002 cando Timor Portugués deixou de existir, xa que este territorio logrou a súa total independencia naquela data.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Lei 7/74, de 27 de Julho". Centro de documentação 25 de Abril (Universidade de Coímbra). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2021. Consultado o 05 de febreiro de 2022. 
  2. Gordon McIntyre, Kenneth (1977). The Secret Discovery of Australia: Portuguese Ventures 200 Years before Captain Cook (en inglés). Souvenir Press Ltd. p. 69. ISBN 9780285623033. 
  3. Diário de Lisboa, 22 de setembro de 1860
  4. TELES, Miguel Galvão. Timor-Leste in Separata do II Suplemento do Dicionário Jurídico da Administração Pública

Véxase tamén editar

Outros artigos editar