Asemblea Xeral das Nacións Unidas
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas é un dos seis principais órganos das Nacións Unidas. Está constituída polos representantes de tódolos Estados membros das Nacións Unidas e reúnese en sesións anuais dirixidas por un presidente elixido de entre os representantes.
Como o único órgano da ONU na que están representados tódolos membros, a Asemblea serve como foro para que os membros propoñan iniciativas sobre paz, progreso económico e dereitos humanos. Pode iniciar estudos; facer recomendacións; desenvolver a lei internacional; promove-los dereitos humanos; e fomentar programas internacionais económicos, sociais, culturais e educativos.
![]() |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |