Pataca timorense

antiga moeda do Timor portugués
Para outras moedas coa denominación de "pataca", véxase a páxina de homónimos Pataca (moeda).

Pataca timorense †
Ámbito:
Timor portugués
Fracción:Avo
Moedas:10, 20 e 50 avos.
Billetes:5, 10 e 50 avos.
1, 5, 10, 50 e 100 patacas.
Emisor:Banco Nacional Ultramarino.

A pataca timorense foi a unidade monetaria do Timor portugués entre 1894 e 1958, bardante no período 1942-1945, cando as forzas xaponesas de ocupación introduciron o florín (gulden) das Indias Orientais Neerlandesas e a rupia (roepiah).[1]

Do mesmo xeito que no caso da pataca de Macau, a unidade monetaria de Timor Leste estaba baseada nos pesos mexicanos cuxa circulación foi moi abundante na rexión en xeral durante todo o século XIX. Esas moedas de prata procedían dos reais de oito españois que os portugueses introduciran na rexión a partir da Malaca portuguesa, e tamén polos españois a través do comercio do "Galeón de Manila".[1]

Historia editar

 
Peso español para a circulación nas Illas Filipinas con signos chineses para o seu uso en Timor.

A pataca implantouse por vez primeira no Macau no Timor portugueses en 1894, aínda que daquela só como unidade de conta para marcar o valor das moedas de prata españolas e mexicanas.[2] En 1894, Macau e o Timor portugués constituían unha única entidade administrativa, mais en 1896 Timor fíxose autónomo de Macau.

Naquel momento non había unha única unidade monetaria en circulación, xa que á prata española e hispanoamericana se lle sumaban moedas similares da China e dólares de comercio británicos, que foran cuñados inicialmente para o seu uso en Hong Kong e nos Establecementos do Estreito. En Timor Leste, a moeda de 2½ floríns das Indias Orientais Neerlandesas era equivalente en valor ao dólar de prata.[2]

En 1901, determinouse a creación dunha moeda especificamente concibida para a súa circulación en Macau e encomendóuselle en exclusiva ao Banco Nacional Ultramarino a facultade de emitir billetes de curso legal.[2] Os primeiros entraron en circulación en 1906, coa equivalencia dunha pataca = 1 dólar das Colonias do Estreito, que tamén se acababa de crear, ou, o que é o mesmo, 2 xilins e 4 peniques). A súa circulación acabou por estendeuse tamén ao territorio de Timor, carente aínda de moeda propia.[2]

Do mesmo xeito que nas Colonias do Estreito, prohibiuse a circulación de calquera moeda estranxeira, coa intención de que as novas moedas establecesen os seus propios valores no mercado. Os chineses receaban daquelas patacas de papel, afeitos como estaban ás moedas de prata, polo que os billetes circulaban sempre cun desconto no seu valor en relación coas moedas de prata.[2]

Aínda que os billetes de patacas circulaban tamén en Timor, en 1912 determinouse crear billetes propios para a súa circulación alí.[2] En tanto que ambas as patacas continuaban a circular con desconto en relación aos dólares de prata que se utilizaban na rexión (fundamentalmente os dólares de comercio da China e de Hon Kong), o dólar das Colonias do Estreito vinculouse á libra esterlina e adoptou o padrón ouro, co que as patacas e os dólares pasaron a ter cotizacións totalmente independentes. En 1935, cando a China e Hong Kong abandonaron o padrón prata, as patacas de Macau e de Timor pasaron a estar vinculadas ao escudo portugués, cunha taxa de 1 pataca = 5,5 escudos, o que as facía equivalentes ao xilin británico (xa que daquela unha libra equivalía a 110 escudos).

In 1942, durante a segunda guerra mundial, as patacas de Timor e de Macau foron substituídas por emisións xaponesas feitas co mesmo valor que o do florín das Indias Orientais Neerlandesas. Ese florín acollera o padrón ouro ata a década de 1930 e aumentara o seu valor en relación co da pataca, co que o valor de ambas as moedas tendeu a igualarse (partindo da relación 1 pataca = 2½ floríns do inicio do século).[3]

Cando se reintroduciu a pataca timorense logo da segunda guerra mundial, retomou a súa vinculación ao escudo portugués coa mesma taxa que se establecera en 1935 (5,5 escudos = 1 pataca), aínda que cambiou a 5 escudos = 1 pataca en 1949, e emitíronse tamén moedas metálicas divisionarias co seu valor facial en avos (100 avos = 1 pataca). En 1951, cesou en Timor a cuñaxe de moedas de avos (non así en Macau, onde se seguiron emitindo no ano seguinte).

Finalmente, en 1958, a pataca timorense foi substituída polo escudo timorense, cunha taxa de 1 pataca = 5,6 escudos.[4]

En 1975, o Timor portugués foi invadido por Indonesia e introduciuse a moeda dese país. Cando o territorio de Timor Leste accedeu á súa independencia en 2002, estableceuse o dólar estadounidense como moeda oficial.

Moedas editar

En 1945 comezouse a emitir unha serie de moedas de 10 avos, 20 avos e 50 avos. As súas características metrolóxicas correspondíanse coas das portuguesas de 20 centavos e de 1 e 2½ escudos. Estas emisións detivéronse en 1951.[5]

Imaxe Valor facial Datas Aliaxe Peso Diámetro
   10 avos

[6]

1945

1958

1951

Bronce 3,00 g 20,00 mm
   20 avos

[7]

1945 Alpaca 8,00 g 26,80 mm
   50 avos

[8]

1945

1948

1951

Prata 3,5 g 20,00 mm

Billetes editar

Logo de abrir unha delegación en Dili en abril de 1912, o Banco Nacional Ultramarino introduciu billetes (que aparecen datados en 1910) cos valores nominais de 1, 5, 10 e 20 patacas. O billete de 25 patacas de Macau circulaba tamén en Timor naquel momento.[9][10]

Valor nominal Emisión Cor Medidas Tipo de emisión Impresor
1 pataca

[11]

1910 Púrpura 126x90 Emisión específica. Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.
5 patacas.

[12]

1910 Marrón e amarelo 138x99
10 patacas

[13]

1910 Azul 143x106
20 patacas

[14]

1910 Verde e gris 143x111

En 1920 engadíuselle á serie o valor de 25 patacas, sobreestampando os billetes de Macau do mesmo valor que xa viñan utilizándose en Timor.[9][10]

Valor nominal Emisión Cor Medidas Tipo de emisión Impresor
25 patacas

[15]

1920 Salmón 201x125 Sobreimpresión PAGÁVEL EM DILLY TIMOR sobre billete de Macau Barclay & Fry, Ltd, London.

En 1940 introducíronse os billetes fraccionarios de 5, 10 e 50 avos. Algúns destes billetes eran simples reestampaxes sobre billetes de patacas macaenses. En 1945 puxéronse en circulación billetes de 5, 25 e 100 patacas especificamente emitidos para Timor.[9][10]

Valor nominal Datas Cor Medidas Tipo de emisión Impresor
5 avos

[16]

1940 Marrón 85x47 Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d). Hong Kong Printing Press.
5 avos

[17]

1940 Vermello 90x55 Emisión específica. Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.
10 avos

[18]

1940 Verde 100x55 Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d). Hong Kong Printing Press.
10 avos

[19]

1940 Verde 105x60 Emisión específica. Bradbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.
50 avos

[10]

1940 Marrón 124x65 Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (s/d). Kong Printing Press.
50 avos

[20]

1940 Púrpura 120x65 Emisión específica. Baldbury, Wilkinson &. Cº Ltd, London.
5 patacas

[21]

1945 Verde e amarelo 182x115 Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (1924). Thomas de la Rue & Cº, Ltd, London.
25 patacas

[22]

1945 Rosado 201x125 Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (1907). Barclay & Fry, Ltd, London.
100 patacas

[23]

1945 Amarelo 210x137 Sobreimpresión PAGÁVEL EM TIMOR sobre billete de Macau (1906 e 1919). Barclay & Fry, Ltd, London.

Tamén en 1945, engadíronse billetes para Timor cos valores de 1, 5, 10, 20 e 25 patacas, seguidos dos de 20 avos en 1948.[9][10]

Valor nominal Datas Cor Medidas Observacións Impresor  
20 avos

[24]

1948 Verde e marrón 110x60 Emisión específica. Bradburry, Wilkinson & Cº, Ltd, London.
1 pataca

[25]

1945 Salmón 127x72 Emisión específica. Litografia Nacional, Porto
1 pataca

[26]

1945 Verde 140x65 Emisión específica Waterlow & Sons, Ltd, Londres.
5 patacas

[27]

1945 Marrón 145x68 Emisión específica. Waterlow & Sons, Ltd, Londres.
10 patacas

[28]

1945 Vermello 150x70 Emisión específica. Waterlow & Sons, Ltd, Londres
20 patacas

[29]

1945 Azul 155x73 Emisión específica. Waterlow & Sons, Ltd, Londres
25 patacas

[30]

1945 Rosa 155x73 Emisión específica. Waterlow & Sons, Ltd, Londres

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The unusual history of the pataca, Macao’s local currency Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.". En MacauHUB. 7 de decembro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 History of Timor Arquivado 26 de decembro de 2019 en Wayback Machine.. Centro de Estudos sobre África e o Desenvolvimento. Universidade de Lisboa. Páxinas 103-104.
  3. Shibata, Y. (1996). Páxinas 711-712.
  4. History of Timor Arquivado 26 de decembro de 2019 en Wayback Machine..Centro de Estudos sobre África e o Desenvolvimento. Universidade de Lisboa.. Páxina 138.
  5. Cuhaj G.; Michael T.; Miller H. (2011). Páxina 2.093.
  6. "10 avos". Numista.
  7. "20 avos". Numista.
  8. "50 avos". Numista.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Sáez Salgado J. (1997). Páxinas 101-110.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Mongadesilva. (2011). "Catálogo das notas de Timor". Numismatas.com
  11. "1 pataca de 1910". Realbanknotes.com
  12. "5 patacas de 1910". Realbanknotes.com
  13. "10 patacas de 1910". Realbanknotes.com
  14. "20 patacas de 1910". Realbanknotes.com
  15. "25 patacas de 1920". Realbanknotes.com
  16. "5 avos de 1940". Realbanknotes.com
  17. "5 avos de 1940 (vermello)". Realbanknotes.com
  18. "10 avos de 1940". Realbanknotes.com
  19. "10 avos de 1940". Realbanknotes.com
  20. "50 avos de 1940". Realbanknotes.com
  21. "5 patacas de 1945". Realbanknotes.com
  22. "25 patacas de 1945". Realbanknotes.com
  23. "100 patacas de 1945". Realbanknotes.com
  24. "20 avos de 1948". Realbanknotes.com
  25. "1 pataca de 1945 (salmón)". Realbanknotes.com.
  26. "1 pataca de 1945 (verde)". Realbanknotes.com.
  27. "5 patacas de 1945". Realbanknotes.com.
  28. "10 patacas de 1945". Realbanknotes.com.
  29. "20 patacas de 1945". Realbanknotes.com
  30. "25 patacas de 1945". Realbanknotes.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar