Territorio da Capital Australiana
| |||||
Área |
| ||||
339.900 (7th) 144,15 hab./km² (1º) | |||||
UTC+10 (agás durante daylight saving timeUTC+11) | |||||
Punto máis alto |
Pico Bimberi (1.912 m) | ||||
Código ISO 3166-2: |
AU-CT |
O Territorio da Capital Australiana (TAC) é un distrito federal de Australia. Comprende un enclave sen saída ao mar no estado de Nova Gales do Sur, a 320 km ao suroeste de Sydney. O goberno australiano adquiriuno formalmente o 1 de xaneiro de 1911; o Territorio ten unha superficie de 2.432 km². A súa única cidade, Canberra, é a capital nacional e a sede do goberno federal australiano.
O Territorio Federal da Capital ten unha poboación (segundo o censo de 2007) superior aos 339.900 habitantes. Unha gran parte da poboación de Canberra compona funcionarios públicos. O 11 de maio de 1989 o Territorio obtivo o autogoberno; dous membros e dous senadores represéntano na Cámara de Representantes federal.
Á rexión que hoxe ocupa o Territorio chegaron por primeira vez os europeos en 1820, pero miles de anos antes xa fora habitada polos nativos aborixes. En 1824 comezou o asentamento europeo.