Luns de Pascua

Ermida de San Cibrán en Tomeza (Pontevedra).

O luns de Pascua é o día seguinte ao Domingo de Resurrección. É o segundo día da Oitava de Pascua, popularmente coñecida como semana de Pascua.

CelebraciónsEditar

En Galicia, é festivo local no concello de Rois, e neste día celébrase a romaría de San Cibrán na parroquia de Tomeza (Pontevedra), a romaría da Virxe de Chamorro en Serantes (Ferrol), o Lance da Cruz en Sobrada (Tomiño), a romaría da Virxe dos Desamparados nos Vilares (Guitiriz), a romaría na capela da Virxe das Neves no monte da Peneda (Redondela), a romaría do San Bieito da Uceira en Cerredelo (Sandiás), e a festa de San Bieito en San Salvador de Asma (Chantada) e Penouta (Vilamartín de Valdeorras). Tamén se festexa en Esposende (Cenlle) e Circes (Touro).

En España é tamén festivo en Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Navarra, País Vasco e A Rioxa, nalgunhas localidades da zona oriental de Aragón, de Asturias e de Estremadura. Nalgunhas partes de España neste día é habitual comer un doce típico coñecido como Mona de Pascua.

Ademais é festivo en moitos países e territorios de todo o mundo.

Véxase taménEditar