Guitiriz
Coordenadas: 43°10′55″N 7°53′43″O / 43.18194, -7.89528
Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.564 habitantes (5.972 no 2006, 6.041 no 2005, 6.086 no 2004, 6.131 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guitiricense.
Guitiriz | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | guitiricense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Terra Chá |
Poboación | 5.328 hab. (2022)[2][3] |
Área | 293,7 km²[3] |
Densidade | 18,14 hab./km² |
Entidades de poboación | 18 parroquias[4] |
Capital do concello | Guitiriz |
Política (2019 [5][6]) | |
Alcaldesa | Marisol Morandeira (PSdeG[7]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 7 |
Eleccións municipais en Guitiriz | |
Uso do galego[8] (2011) | |
Galegofalantes | 81,65% |
Na rede | |
concellodeguitiriz.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
EtimoloxíaEditar
O topónimo Guitiriz ten orixe xermánica. Vén do nome do rei suevo Witerico, a quen se lle atribúe a fundación do lugar no século VI[9].
HistoriaEditar
A pegada de poboamentos humanos máis antigos é o sitio arqueolóxico de Pena Xiboi, (8000-5000 a. C.), situado na aldea de Tolda, na parroquia de Parga, preto do muíño da Ruxida. Foi declarado Ben de Interese Cultural, e a carón del hai un cruceiro colocado polos veciños xunto cunha placa conmemorativa en memoria dos seus antepasados.
Da cultura megalítica abundan monumentos fúnebres, como as mámoas, medorras ou modias, destacando as modias do Castro no Buriz, a modorra da Agra Branca en Santa Locaia de Parga, e a medorra do Cotarro nas Negradas.
A cultura castrexa deixou unha forte pegada, atopándose no cumio do monte a meirande parte dos restos achados. Destacan dous poboados: o castro de Belote, en Lagostelle, de planta circular, ten un foxo duns 5 metros de ancho, e é o que conserva maior número de murallas entre os castros de Guitiriz; e o castro das Quenllas do Forno, situado no lugar do Forno, na parroquia do Buriz. Este último ten planta completamente circular, presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que o bordean, agás polo norte.
No século XIV a totalidade da comarca da Terra Chá, incluíndo Guitiriz e a súa capital, Vilalba, pasaron a ser parte dos dominios de Fernán Peres de Andrade, de cuxa familia serían os primeiros condes de Vilalba durante o reinado dos Reis Católicos.
En 1840 creouse o concello de Trasparga, asumindo os de Parga e Guitiriz, desaparecendo o de Baamonde, creados en 1835. En 1945 o concello de Trasparga pasou a denominarse concello de Guitiriz, con capitalidade nesa mesma vila.
Sábese que no século XIX o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.[10]
XeografíaEditar
Climatoloxía | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura mínima (°C) | 2.7 | 4.9 | 7.4 | 9.2 | 11.2 | 14.1 | 16.7 | 17.2 | 14.8 | 12.6 | 10.3 | 8.9 | 11.4 |
Temperatura máxima (°C) | 10 | 12 | 14 | 15 | 18 | 21 | 23 | 24 | 22 | 18 | 13 | 11 | 17.4 |
Precipacións totais (mm) | 128 | 102 | 79 | 85 | 80 | 42 | 30 | 35 | 68 | 110 | 114 | 135 | 1008 |
Humidade (%) | 76 | 76 | 73 | 75 | 77 | 77 | 79 | 78 | 78 | 78 | 78 | 77 | 77 |
Precipitacións (≥ 1 mm) | 14 | 14 | 12 | 13 | 11 | 7 | 5 | 6 | 8 | 12 | 14 | 15 | 131 |
Horas de sol | 108 | 112 | 155 | 167 | 191 | 220 | 240 | 240 | 179 | 150 | 107 | 93 | 1966 |
Fonte: Aemet Agencia Estatal de Meterología[11] |
PatrimonioEditar
Entre a arquitectura relixiosa son salientables as igrexas do Sagrado Corazón de María de Lagostelle, a de San Xoán de Lagostelle, a de Santo Estevo de Parga e a de Santa María de Labrada, así como as capelas de San Alberte e de Bascuas (esta última adicada a museo).[12]
Hai tres pazos destacables, o do Marqués de Camarasa, o da Pontella e o de Casanova.
Unha ruta homologada de sendeirismo, PR-G 99 "Ruta da Auga", lineal, duns 20 km, vai da Ponte de Santo Alberte ata o Balneario de Pardiñas. Achegándose ata a Fonte de Valdobín e o Balneario de Guitiriz.
Guitiriz na cultura popularEditar
San Alberte e San Salvador considéranse avogosos contra a rabia, e a eles acoden as persoas mordidas por cans supostamente doentes. Venéranse nas parroquias de San Breixo de Parga e San Salvador de Parga, respectivamente [13].
PoboaciónEditar
|
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Guitiriz.
|
Lugares de GuitirizEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guitiriz vexa: Lugares de Guitiriz.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Guitiriz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Concello de Guitiriz (ed.). "Corporación Municipal". www.concellodeguitiriz.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Gutiriz". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Concello de Guitiriz (ed.). "Guitiriz, Historia". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ Pérez López & Seijas Iglesias 2006, pp. 193-194.
- ↑ Valores medios medidos en el observatorio de Guitiriz (1971-2000)[Ligazón morta] Data: 4-6-2011.
- ↑ "ConcellodeGuitiriz.com/monumentos". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2013.
- ↑ Jesús Rodríguez López, 99.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guitiriz |
BibliografíaEditar
- Arribas Arias, Fernando; Blanco Prado, José Manuel (1999). Cruceiros de Guitiriz. Cadernos do Seminario de Sargadelos (81). Catálogo de cruceiros da Terra Cha. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-916-4.
- ———; ——— (2000). "Os cruceiros da Terra Chá. Algunhas tipoloxías dos cruceiros de Guitiriz" (PDF). Os canteiros. Actas das xornadas celebradas en Parga. Lugo: Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego. pp. 21–41.
- Gay Méndez, A. (1995). O concello de Guitiriz. Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-045-2.
- Pérez López, Jenaro; Seijas Iglesias, Yasmina (2006). Tras las huellas de la cultura y del medio natural de Guitiriz (en castelán). Pérez López, Jenaro. ISBN 978-84-611-0264-8. Archived from the original on 19 de decembro de 2014. Consultado o 25 de abril de 2021.
- Pérez López, Segundo L. (2019). Unha visita á terra de Parga en 1613. Santiago de Compostela: Xerión. ISBN 978-84-120210-8-0.
- Rodríguez López, J. (1974 (1ª ed. 1895)). Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Celta.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |