Pígara, Guitiriz
San Pedro de Pígara é unha parroquia do concello lucense de Guitiriz. Dista uns 35 km da capital provincial. Segundo o IGE en 2013 tiña 432 habitantes (222 homes e 210 mulleres), distribuídos en 29 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 553 habitantes.
Pígara | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Pígara | |
Concello | Guitiriz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°13′11″N 7°44′18″O / 43.2196, -7.7382 |
Poboación | 404 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarEn Pígara consérvanse restos da cultura castrexa no Castro do Pazo. A igrexa parroquial de San Pedro de Pígara, situada na aldea de Fontefría, de estilo neogótico, construíuse sobre os restos do antigo santuario.
Lugares e parroquias
editarLugares de
editarLugares da parroquia de Pígara no concello de Guitiriz (Lugo) | |
---|---|
A Areosa | A Caivanca | Casamuniño | As Casas Novas | A Castiñeira | A Cepeira | O Codesal | Contariz | A Cruz dos Campos | Embande | A Estrada | Ferreira | Fontefría | A Igrexa | A Lamela | Loureiros | Muros | As Pallotas | O Pazo | As Penas | Porcelo | A Porta dos Galanos | O Rego do Sapo | A Reigosa | San Cristovo | Santa Mariña | Soaxe | A Tolda | Vimieiro |