Lagostelle, Guitiriz

parroquia civil do concello de Guitiriz

San Xoán de Lagostelle é unha parroquia que se localiza ó oeste do concello de Guitiriz, onde radica a súa capital, homónima do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 1.972 habitantes (1.010 mulleres e 962 homes) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.978 habitantes.

San Xoán de Lagostelle
Igrexa parroquial.
ConcelloGuitiriz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°10′52″N 7°53′37″O / 43.1811221, -7.8936052
Poboación2.181 hab. (2020)
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

En 1898 constituíuse a nova parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, segregándose os seus lugares de Lagostelle.[2]

Patrimonio

editar

Nesta parroquia hai varias construcións relixiosas e civís de interese. A igrexa parroquial, a máis moderna (anos 60) do Sagrado Corazón de María, a de Pardiñas, o Hotel Balneario Guitiriz con capela mesquita e campo de golf.

Corre a lenda de que nesta parroquia existiu unha vila que quedou asolagada como castigo á súa falta de xenerosidade coa Sagrda Familia. Chamábase Boedo e o seu lugar está agora ocupado polo Pozo das Campás.

Resulta que cando a Sagrada Familia andaba polo mundo buscando acubillo foi dar coa aldea de Boedo. Foron pedindo comida e teito de porta en porta sen que ninguén lles dese nada e mesmo un zapateiro impío os escorrenta botándolles unha forma. Xa saíndo do lugar, petaron na porta da casa máis vella e pobre do lugar, e saíulles unha velliña que os acolleu aínda que non podía darlles nada de comer porque non tiña nin para os seus fillos. A Virxe tranquilizouna e díxolle que lle fixera unha bola de pan coa cinsa da lareira, e moito tivo que insistir porque a señora non quería facer algo tan absurdo, pero terminou facendo a bola e meténdoa no forno a cocer. Pasado o tempo foi sacar a bola e veu, asombrada, que era unha fermosa bola de pantrigo. A Virxe engadiu que, como castigo, a cidade de Boedo estaba anegada e que por culpa dun malo, Deus destrúe unha cidade. Durante moito tempo escoitábase o tanxer das campás na lagoa, que tomou o nome de Pozo das Campás ata que veu un cura e esconxurou o lugar, e deixaron de escoitarse ruídos.[3][4]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Lagostelle

editar
Lugares da parroquia de Lagostelle no concello de Guitiriz

O Acevedo | Amariz | Ansede | Arxá | Barreiro | Belote | Cabanacomba | Cezar | Escádebas | Gomelio | Guitiriz | A Landoeira | Os Liñares | Pardiñas | O Pazo | O Penedo | O Sanguiñedo | Senande | Sesulfe | A Torre


Parroquias de Guitiriz

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Guitiriz

Becín (San Xiao) | O Buriz (San Pedro) | Labrada (Santa María) | Lagostelle (San Xoán) | Mariz (Santa Eulalia) | As Negradas (San Vicenzo) | Parga (Santo Estevo) | Pedrafita (San Mamede) | Pígara (San Pedro) | Roca (San Xiao) | San Breixo de Parga (San Breixo) | San Salvador de Parga (San Salvador) | Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) | Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) | Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) | Trasparga (Santiago) | Vilar (Santa María) | Os Vilares (San Vicenzo)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Sta Mariña de Lagostelle". Concello de Guitiriz. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018. 
  3. González Reboredo, Xosé Manuel: Lendas galegas de tradición oral, Galaxia, Vigo 1983, 97.
  4. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda: Dicionario dos seres míticos galegos, s. v. Boedo, Xerais 2004.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar