Abrir o menú principal

San Breixo de Parga, Guitiriz

San Breixo de Parga é unha parroquia que se localiza ó sueste do concello de Guitiriz, a uns 8,4 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o IGE en 2012 tiña 94 habitantes (46 mulleres e 48 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes.

San Breixo de Parga
A Ponte San Alberte. Guitiriz. Lugo.jpg
Ponte de Santo Alberte.
Situación da parroquia de San Breixo de Parga en Guitiriz.png
ConcelloGuitiriz
Poboación94 hab. (2012)
Entidades de poboación14

PatrimonioEditar

A capela e a ponte de Santo Alberte sitúanse no medio dunha fraga. A capela é do século XIII mentres que a ponte data do século XIV. Existe tamén unha fonte. Aquí celébrase anualmente a famosa romaxe de Santo Alberte. Parece ser que neste lugar houbo un hospital ao servizo dos peregrinos que se dirixían a Compostela.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar