Nomenclátor
Un nomenclátor[1] ou índice de topónimos é un catálogo de nomes xeográficos, o cal, en conxunto cun mapa, constitúe unha importante referencia sobre lugares e os seus nomes.

Estados Unidos: Santa Fe Railway, mapa de ruta das concesionarias de 1891, Grain Dealers and Shippers Gazetteer.
Nomenclátor en EspañaEditar
Este termo en España refírese á relación de todas as unidades poboacionais de cada un dos municipios. Esta listaxe detallada contén as entidades de poboación (tanto singulares como colectivas), núcleos e superficie de cada un dos municipios, permitindo coñecer de que xeito se asenta a poboación nos mesmos. Contén, para cada unha destas unidades, tanto a poboación como datos de carácter xeográfico.
En GalizaEditar
Esta sección é un extracto de Nomenclátor de Galicia.[editar]
O nomenclátor de Galicia é un corpus toponímico desenvolvido pola Xunta de Galicia que regula os topónimos oficiais dos lugares, parroquias e concellos de Galiza. Foi publicado en 2003.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nomenclátor.