Nomenclátor de Galicia
O nomenclátor de Galicia é un corpus toponímico desenvolvido pola Xunta de Galicia que regula os topónimos oficiais dos lugares, parroquias e concellos de Galiza.
CaracterísticasEditar
O nomenclátor está editado pola Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e ten carácter legal canto á denominación das entidades de poboación.
Pódese consultar a través de Internet. A súa páxina web ten un buscador on-line que permite utilizar expresións regulares na busca de secuencias gráficas, polo que permite, por exemplo, atopar tódolos topónimos rematados cunha secuencia determinada (en -iz, -obre, -ende ou -il) ou que comecen por unha cadea de texto concreto (por exemplo en Carball- ou en Vila-).
Malia ser un elemento normalizador e normativizador da toponimia galega, deixa fóra a posibilidade de consultar nel a toponimia galega dos concellos limítrofes á Nacionalidade Histórica de fala galega.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Toponimia galegaEditar
- Buscador no Nomenclátor de Galiza (versión inicial, con máis de 37.300 topónimos)
- Buscador do Proxecto Toponimia de Galicia (versión cartográfica con máis de 350.000 topónimos)
Toponimia fronteiriza meridional (portuguesa)Editar
- Toponimia das 3091 freguesías (parroquias), 308 municípios (concellos) e 29 distritos (provincias) de Portugal da Carta Administrativa Oficial de Portugal PDF (741 KB)
- Datos descargables para Portugal (formatos SHP/DBF, KML e XLS comprimidos en RAR)
- Datos actualizados ata 2016 para Portugal (formatos SHP/DBF comprimidos en RAR)
Toponimia fronteiriza orientalEditar
Toponimia estatal e internacionalEditar
- Nomenclátor oficial de España, polo Instituto Nacional de Estadística
- Nomenclátor General Básico de España e Nomenclátor Geográfico de Municipios y Entidades de Población (s.v. Información Geográfica de Referencia) (formatos ACCDB e ODB/MDB)
- Geonames.org estruturado ontoloxicamente e baixo licenza CC, con wiki e bases de datos descargables