Monfero
Coordenadas: 43°20′4.08″N 8°3′21.08″O / 43.3344667, -8.0558556
Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».
Monfero | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio[1] | monferés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca do Eume |
Poboación | 1.865 hab. (2022)[2][3] |
Área | 171,67 km²[3] |
Densidade | 10,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Capital do concello | Rebordelo |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Andrés Feal Varela (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 5 |
Eleccións municipais en Monfero | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 84,46% |
Na rede | |
www.concellodemonfero.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.
DemografíaEditar
Censo total 2017 | 1.985 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 144 (7.25 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.151 (57.98 %) |
Maiores de 65 anos | 690 (34.76 %) |

Evolución da poboación de Monfero Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.715 | 6.473 | 6.530 | 3.587 | 2.490 | 2.239 | 2.178 | 2.129 | 2.109 | 2.089 | 2.037 | 2.019 | 1.985 | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
Monfero ten 173,28 km², e abrangue sete parroquias. A casa consistorial está no lugar de Rebordelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Está no leste da provincia da Coruña, por onde limita cos concellos lugueses de Xermade e Guitiriz; ao norte limita coas Pontes de García Rodríguez, A Capela e Cabanas; ao sur con Irixoa e Aranga; e ao oeste con Vilarmaior e Pontedeume.
Está atravesado pola estrada AC-151 (que o une coa A-6), a C-640 que vai de Betanzos a Viveiro, e a AC-144, que vai cara a Pontedeume. Está a 45 km da Coruña e a 80 de Santiago de Compostela.
A Serra da Loba é a rexión montañosa máis destacada, destacando no centro do concello o Monte da Pendella (712 m). O río Eume fai de fronteira polo norte, e a el van dar os afluentes do Frai Bermuz e San Bartolomeu. No oeste están amais os ríos Lambre e Lambruxo.
Unha parte das Fragas do Eume, declaradas parque natural en 1997, áchanse dentro do territorio de Monfero.
HistoriaEditar
Hai restos de presenza humana na prehistoria, como as mámoas na Pena do Moncouso. Amais, hai varios topónimos que denotan presenza castrexa.
Na Idade Media a zona era xurisdición do mosteiro cisterciense, xa reflectida en documentos de 1135.
PatrimonioEditar
O mosteiro de Monfero pertenceu á Orde do Císter, e ten as súas orixes cara ao século X. Está recoñecido como un ben de interese cultural.
Consérvanse varias pontes do século XV, todas dun só arco: a ponte do Dez sobre o río Frai Bermuz, a ponte de San Paio sobre o Lambre (co concello de Irixoa á outra beira) e outra sobre o río Lambruxo, entre os lugares das Travesas e Vilarboi.
Amais das igrexas parroquiais, hai varias pequenas ermidas, como a da Ascensión en Boicornello (Val de Xestoso), as de Santo André da Ribeira e Lagares (San Fiz de Monfero), e a de San Bartolomeu na Ermida (Queixeiro).
Hai 5 casas de turismo rural: Casa de Graña da Acea, Casa Don Bernardo, Casa Lourán, Casa Piñeiro e Rodeo da Casa.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Monfero.
Fachada do Mosteiro de Monfero
Cruceiro das misións en Taboada
Igrexa de Vilachá
Parque natural das Fragas do Eume
Encoro do Eume entre Monfero e As Pontes.
Panorámica do Eume
ParroquiasEditar
Lugares de MonferoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monfero vexa: Lugares de Monfero.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Monfero".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Concello de Monfero na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monfero |
BibliografíaEditar
- Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2004). "Túmulos prehistóricos no Concello de Monfero" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (27): 11–36. ISSN 1130-7625.
- Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2016). "Gravados rupestres no Concello de Monfero (A Coruña)" (PDF). Anuario Brigantino (Betanzos) (39): 11–26. ISSN 1130-7625.
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2001). "As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás)" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (12): 13–15.
- Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2002). "As medoñas da Serra Vella e as Capelas de San Andrés da Ribeira e San Bartolomeu (Monfero)" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (13): 15–16.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |