Río Lambre

curso fluvial da provincia da Coruña

O Lambre é un pequeno río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas na ría de Betanzos.

Lambre
Río Lambre.
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte da Pena
Monfero
Lonxitude15 km
Caudal medio600 msmn
DesembocaduraRía de Betanzos

Percorrido editar

O Lambre nace a 600 m de altura no monte da Pena da Uz (705 m), no concello de Monfero. Atravesa este concello e os de Vilarmaior, serve de linde entre este e o de Irixoa, e logo entre os de Miño e Paderne, para acabar desembocando na Ponte do Porco, novamente no municipio de Miño, na beira dereita da ría de Betanzos, despois dun percurso de 15 km.

Afluentes editar

Os afluentes deste río son pequenos regos de curto percorrido. Cabe citar na cabeceira, e pola beira dereita, o Lambruxo.

Réxime hídrico editar

O Lambre é un río de réxime pluvial, do tipo oceánico.

Explotación editar

Sobre o Lambre, no concello de Vilarmaior, sitúase o encoro de Guimil, propiedade de Gas Natural Fenosa.

Étimo editar

 
Ponte medieval sobre o Lambre, entre Miño e Paderne.

O hidrónimo correspóndese coa denominación de tres lugares nos concellos de Irixoa e Paderne, que en principio parecen deber o seu nome ao do río. A fins do século XI (circa 1092) é citado xa como flumen Lambre. A partir de aí a cuestión está aberta. Luís Monteagudo propuxo un étimo *Lamaris, que evoluiría como Tamaris a Tambre (habería que supor desde un acusativo *Lamare, como para Tamare). Mais Schmoll supón que é comparábel ao Lambro, un afluente do Po, en Italia, para o que Krahe sostivo unha orixe iliria. O nome tamén se ten comparado á Flavia Lambris, unha cidade de época romana sita ás beiras do Cantábrico e mais outra denominada, con lectura insegura, Lambriaca ou Lambrica.

Galería de imaxes editar