Ría de Betanzos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
A ría de Betanzos é unha ría galega, unha das doce que conforman as Rías Altas, e unha das catro que forman o Golfo Ártabro. Atópase no norte da provincia da Coruña, e baña os municipios de Oleiros, Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.
Ría de Betanzos | |
---|---|
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() |
División | ![]() |
Subdivisión | A Coruña |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Coordenadas | 43°23′00″N 8°15′00″O / 43.38333, -8.25000 |
Xeografía | |
Afluentes | Mendo e Mandeo |
Características | |
Mapa | |
![]() Localización | |
adyacente a las tres rías de la
CORUÑA, BETANZOS Y FERROL,
llamado de las Mariñas,
Por el D.r D.n Domingo Fontán
Descrición Editar
A ría nace na cidade de Betanzos, como consecuencia da desembocadura conxunta dos ríos Mendo e Mandeo. Discorre entre marismas e xunqueiras durante uns oito quilómetros, para ampliarse notablemente a partir de entón, e acabar uníndose á ría de Ares na punta da Carboeira. Ademais dos mencionados ríos, desembocan nas súas augas o Lambre e o Baxoi, ambos pola súa marxe dereita.
Duramente castigada polas mareas negras provocadas polos petroleiros Urquiola (1975) e Mar Exeo (1992), ámbolos dous sinistrados no veciño porto da Coruña, a ría loita por recuperar a riqueza marisqueira que noutrora a caracterizaba. Conta con algunhas das mellores praias de Galicia, destacando especialmente a de Perbes e a praia Grande, no concello de Miño, e a de Gandarío, no termo municipal de Bergondo.
Aínda que na antigüidade foi navegable en toda a súa extensión, os sedimentos depositados nos seus fondos e ribeiras foron reducindo ostensiblemente o seu calado, ata permitir a navegación unicamente no seu tramo final. Porén, esta circunstancia permitiu a construción de tres pontes sobre as súas augas: unha de ferrocarril e dous viadutos, que permiten acurtar o traxecto que separa A Coruña de Ferrol.
Esta condición permitiu, con todo, a súa catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 da Unión Europea ao ser declarada en boa parte dentro da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo.[1][2] Así, a ría de Betanzos conságrase dentro da rede natura grazas á súa riqueza faunística típica dun espazo intermareal.
Galería de imaxes Editar
|
Notas Editar
- ↑ "Betanzos-Mandeo, Código ZEC ES1110007. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017.