Bergondo

concello da comarca da Coruña, na provincia da Coruña

Coordenadas: 43°19′10″N 08°14′02″O / 43.31944, -8.23389

Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bergondés[8].

Bergondo
Logo de Bergondo
Escudo de Bergondo
Casa do Concello de Bergondo.JPG
Casa do Concello
Situacion Bergondo.PNG
Situación
Xentilicio[1]bergondés/bergondesa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación6.892 hab. (2022)[2][3]
Área32,7 km²[3]
Densidade210,76 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Capital do concelloCarrio
Política (2019[5])
AlcaldesaAlejandra Pérez Máquez (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Outros: Alternativa dos Veciños 2
Eleccións municipais en Bergondo
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes33,67%
Na rede
bergondo.gal
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

DemografíaEditar

Evolución da poboación de Bergondo dende 1900:

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Censo total 2014 6702 habitantes
Menores de 15 anos 797 (11,89 %)
Entre 15 e 64 anos 4171 (62,23 %)
Maiores de 65 anos 1734 (25,87 %)
Evolución da poboación de Bergondo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
5869 5597 6003 5293 6413 6696 6712 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

CulturaEditar

ToponimiaEditar

Bergondo ten unha orixe celta ou xermánica[Cómpre referencia]. Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas[9].

O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo.

PatrimonioEditar

Patrimonio arqueolóxicoEditar

Existen numerosos castros no concello:

  • Castro de Rebodero na parroquia de Ouces
  • Bergondiño na de Bergondo
  • Os Fornos, en San Xoán de Lubre
  • Carrio (Bergondo)
  • Santa Marta de Babío
  • San Fiz de Vixoi
  • Montecelo
  • Pazos en Moruxo
  • Castro do Monte da Fame en Guísamo

Patrimonio arquitectónicoEditar

A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto.

Patrimonio culturalEditar

Museos:

Patrimonio naturalEditar

Praias:

EconomíaEditar

O concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas.

PolíticaEditar

Eleccións municipais de 2019Editar

Partido Político Diferenza en escanos Votos Escanos
PSdeG-PSOE +1 1518
6 / 13
PPdeG +1 1090
4 / 13
Alternativa dos Veciños novo 740
2 / 13
BNG +1 404
1 / 13

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Bergondo

Bergondo (San Salvador) | Cortiñán (Santa María) | Guísamo (Santa María) | Lubre (San Xoán) | Moruxo (San Vicente) | Ouces (San Xoán) | Rois (Santa Mariña) | Santa Marta de Babío (Santa Marta) | Vixoi (San Fiz)

Lugares de BergondoEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Bergondo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Concello de Bergondo na FEGAMP
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  9. "Historia, Concello de Bergondo". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar