Bergondo, Bergondo
San Salvador de Bergondo[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.459 habitantes (748 mulleres e 711 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1422 habitantes.
Bergondo | |
---|---|
Igrexa de San Salvador de Bergondo. | |
Concello | Bergondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°46′36″N 8°53′34″O / 42.7768, -8.8929 |
Poboación | 1459 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cultura
editarTopónimo
editarBergondo podería ser, para algúns autores, un topónimo cunha raíz celta "berg" ou "ver" e que se referirían a un alto (no caso de berg) ou a unha pena (no caso de ver).[2][3][4] Para outros autores sería un antropónimo latino e ligado á cristiandade que xorde de "Verecundus".[5][4][3] O topónimo data de entre o século VII e X.[4]
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de Bergondo formaba parte do Mosteiro de San Salvador de Bergondo.
Na parroquia sitúase o Pazo de Mariñán.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.
-
Igrexa de San Salvador de Bergondo.
-
Cruceiro coa Igrexa de San Salvador.
-
San Salvador de Bergondo.
-
Portada setentrional da igrexa de San Salvador.
Lugares e parroquias
editarLugares de Bergondo
editarLugares da parroquia de Bergondo no concello de Bergondo (A Coruña) | |
---|---|
Bergondiño | A Campiña | O Caño | Carrio | Codesido | Cortes | Covas | Cruz de Sar | A Lameira | As Leiras | Mariñán | Miodelo | Montecelo | Saioso | San Cidre | Sanín | Vilanova |
Parroquias de Bergondo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ 3,0 3,1 Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ Piel, J. M. (1989). Estudos de linguística histórica galego-portuguesa. Lisboa: Nacional-Casa da Moeda.