Lubre, Bergondo

parroquia civil do concello de Bergondo

San Xoán de Lubre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 878 habitantes (441 mulleres e 437 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 749 habitantes.

Lubre
Igrexa de lubre bergondo.jpg
Igrexa parroquial de San Xoán.
ConcelloBergondo[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación878 hab. (2018)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

Coa creación dos concellos en 1812 a parroquia de San Xoán de Lubre foi en principio encadrada no concello de Sada, e posteriormente adherida ao de Bergondo.[Cómpre referencia]

CulturaEditar

TopónimoEditar

Lubre é un topónimo céltico, prerromano, que se refire a un poboado nunha fortificación, nun lugar alto ou nun castro. A súa orixe é anterior ao século III.[2][3][4]

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial de San Xoán foi construída co fin de acoller peregrinos cara a 1876 por Antón Romero, con Arturo Pailos e Manuel Souto como xefes da mans de obra.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de LubreEditar

Lugares da parroquia de Lubre no concello de Bergondo (A Coruña)

Armuño | A Campiña | Campo de Leis | Campo Galán | Casal de Agra | O Corral da Igrexa | Dornas | O Espírito Santo | Guinlle | Obra de Paño | Riomaior | Rúa da Lama | Sanín | A Viña

Parroquias de BergondoEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Bergondo

Bergondo (San Salvador) | Cortiñán (Santa María) | Guísamo (Santa María) | Lubre (San Xoán) | Moruxo (San Vicente) | Ouces (San Xoán) | Rois (Santa Mariña) | Santa Marta de Babío (Santa Marta) | Vixoi (San Fiz)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S. (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41. 
  3. Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2. 
  4. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar