Comarca da Coruña
A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Coruña | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 406.873 (2020) (866,09 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 469,78 km² | ||||
Abarca unha superficie de 469,78 km²,[1] e no 2020 tiña 406.873 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.
Territorio e superficie
editarUnha característica común dos concellos costeiros do "Arco Ártabro" é a da súa reducida extensión, regra que sen problemas se pode empregar cos concellos que conforman a comarca da Coruña. De tódolos xeitos os seus 469,78 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus concellos, dende o máis pequeno, Sada, que abrangue unha superficie de 27,49 km²,[2] ata o máis grande, o xa plenamente atlántico Arteixo, que ten unha superficie de 93,68 km².[3]
No ano 2020, o concello máis densamente poboado, o da Coruña, acumula 6.545,18 habitantes/km² nos seus 37,83 km² de extensión,[4] o que lle confire o título de concello con maior densidade de poboación de Galicia. Tamén a comarca da Coruña é a máis densamente poboada de toda Galicia cunha densidade de poboación de 866,09 persoas por quilómetro cadrado.
Poboación
editarA comarca da Coruña é a segunda comarca máis poboada de Galicia por detrás da comarca de Vigo. Os datos sobre a súa demografía mostrados nesta sección proveñen do Instituto Galego de Estatística.[1]
Padrón municipal 2020 | 406.873 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 56.025 (13.77 %) |
Entre 16 e 64 anos | 258.086 (63.43 %) |
Maiores de 65 anos | 92.762 (22.80 %) |
- Habitantes: 406.873 (2020)
- Idade media: 45,52 anos (2019)
- Porcentaxe de poboación menor de 16 anos: 13,77 (2020)
- Porcentaxe de poboación entre 16 e 64 anos: 63,43 (2020)
- Porcentaxe de poboación de máis de 65 anos: 22,80 (2020)
- Índice de envellecemento: 127,99 (2019)
- Índice de sobreenvellecemento: 11,4 (2005)
- Taxa bruta de mortalidade: 10,03 (2018)
- Taxa bruta de natalidade: 6,96 (2018)
- Taxa xeral de fecundidade: 31,8 (2004)
- Idade media á maternidade: 33,33 (2018)
- Índice sintético de fecundidade: 1,0 (2004)
- Taxa bruta de nupcialidade: 3,84 (2018)
Concello | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2011 | 2016 | 2020 |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Abegondo | 5.466 | 5.467 | 5.694 | 5.773 | 5.709 | 5.533 | 5.398 |
Arteixo | 17.931 | 20.898 | 22.709 | 26.739 | 30.482 | 31.239 | 32.738 |
Bergondo | 5.392 | 5.732 | 6.179 | 6.539 | 6.722 | 6.656 | 6.661 |
Cambre | 12.330 | 14.972 | 18.691 | 22.092 | 23.649 | 24.141 | 24.594 |
Carral | 5.229 | 5.184 | 5.282 | 5.579 | 6.064 | 6.172 | 6.473 |
A Coruña | 246.953 | 243.785 | 239.434 | 243.320 | 246.028 | 243.978 | 247.604 |
Culleredo | 14.631 | 18.513 | 22.076 | 26.547 | 29.207 | 29.638 | 30.685 |
Oleiros | 18.480 | 23.057 | 26.886 | 31.264 | 34.133 | 35.013 | 36.534 |
Sada | 8.935 | 9.997 | 11.351 | 13.134 | 14.870 | 15.150 | 16.186 |
Total | 335.347 | 347.605 | 358.302 | 380.987 | 396.864 | 397.520 | 406.873 |
- Total: 15.294 emigrantes (2019)
- Emigración externa: 5.061 emigrantes (2019)
- Ao estranxeiro: 1.623 emigrantes (2019)
- A outra Comunidade Autónoma: 3.438 emigrantes (2019)
- Emigración interna: 10.233 emigrantes (2019)
- A outra provincia galega: 1.281 emigrantes (2019)
- Á provincia da Coruña: 8.952 emigrantes (2019)
- A outra comarca da provincia da Coruña: 2.171 emigrantes (2005)
- A outro concello da Comarca da Coruña: 7.207 emigrantes (2005)
- Emigración externa: 5.061 emigrantes (2019)
- Total: 20.145 inmigrantes (2019)
- Inmigración externa: 9.288 inmigrantes (2019)
- Do estranxeiro: 5.833 inmigrantes (2019)
- Doutra Comunidade Autónoma: 3.455 inmigrantes (2019)
- Inmigración interna: 10.857 inmigrantes (2019)
- Doutra provincia galega: 1.670 inmigrantes (2019)
- Da provincia da Coruña: 9.187 inmigrantes (2019)
- Doutra comarca da provincia da Coruña: 3.120 inmigrantes (2005)
- Doutro concello da Comarca da Coruña: 7.207 inmigrantes (2005)
- Inmigración externa: 9.288 inmigrantes (2019)
(Fonte: IGE - Instituto Galego de Estatística)
Concellos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-04-10.
- ↑ [1506:15001:15005:15008:15017:15021:15030:15031:15058:15075&C=0[1991:1996:2001:2006:2011:2016:2020]&F=&S=&SCF= Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos][Ligazón morta] IGE. Consultado o 10/04/2021.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |