Cambre
Coordenadas: 43°17′33″N 8°20′38″O / 43.29250, -8.34389
Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2019) conta con 24.648 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.[8]
Cambre | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Situación | |
Xentilicio[1] | cambrés/cambresa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Coruña |
Poboación | 24.505 hab. (2022)[2][3] |
Área | 40,7 km²[3] |
Densidade | 602,09 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias[4] |
Capital do concello | Cambre |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Óscar García Patiño (Unión por Cambre[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 4 Outros: Unión por Cambre 8, Alternativa dos Veciños 2, Eu Son En Común 1, C's 1 |
Eleccións municipais en Cambre | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 23,02% |
Na rede | |
cambre.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello ten unha superficie de 40,7 km², e abrangue 12 parroquias. Forma parte da rexión histórica das Mariñas dos Freires, caracterizada por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves, sendo a altitude máxima de 130 m. Pertence á zona de influencia marítima, se ben a única parroquia con costa é O Temple. Está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro de Cecebre.
O municipio ten clima oceánico húmido, con temperaturas son suaves e precipitacións altas. A humidade relativa do aire é elevada, cun índice superior ao 75 %. A vexetación é hidrófila,con bosques e fragas de carballos, piñeiros e eucaliptos.
DemografíaEditar

Censo total 2019 | 24.648 habitantes |
---|---|
Menores de 16 anos | 3 639 (14,76 %) |
Entre 16 e 64 anos | 16 755 (66,98 %) |
Maiores de 65 anos | 4 254 (17,26 %) |
Evolución da poboación de Cambre Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.722 | 7.805 | 8.011 | 9.181 | 20.919 | 23.621 | 23.649 | 23.879 | 23.999 | 24.029 | 24.076 | 24.141 | 24.348 | 24.603 | 24.648 | 24.594 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
Consérvanse antas neolíticas nos límites co concello de Carral. Consérvase un petróglifo no castro de Sigrás. Tamén se conservan restos dos castros de Pravio, Armental, e Fraís, todos eles de tipoloxía clásica: construídos nun outeiro, cun poboado de casas circulares rodeado dun muro defensivo. Posiblemente o concello, actual vía de paso da ruta inglesa do camiño de Santiago, xa fose percorrido por unha antiga vía romana que unía A Coruña e Betanzos.
CulturaEditar
TopónimoEditar
O topónimo da vila que dá nome ao concello, Cambre, podería ser prerromano e terse orixinado antes do século III. O seu significado referiríase a unha poboación ligada a unha altura, unha fortificación ou a un límite entre territorios.[9][10][11]
PatrimonioEditar
Patrimonio arquitectónicoEditar
- Vila romana de Cambre.
- Igrexa de Santa María de Cambre: monumento do século XII.
- Tramo do Camiño Inglés (Camiño de Santiago).
- Museo Arqueolóxico (cos restos da Vila romana de Cambre e o seu centro de interpretación).
- Villa Florentina, actual casa museo de Wenceslao Fernández Flórez, situada en San Salvador de Cecebre e dirixida pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Patrimonio naturalEditar
- Contorno do río Mero.
- Encoro de Cecebre, que é unha zona especial de conservación (ZEC).
- Paisaxes que se estenden entre Cecebre e Bribes, que coas súas fragas inspiraron ó escritor, periodista e humorista coruñés Wenceslao Fernández Flórez a escribir a famosa novela El bosque animado (1943), que inspirou á súa vez a varias películas de título homónimo como a de José Luis Cuerda de 1987 (El bosque animado) e a de animación de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez de 2001 (O bosque animado).
PolíticaEditar
Eleccións municipais 2019Editar
Partidos políticos | Diferenza de
escanos |
Escanos |
---|---|---|
Unión por Cambre | +3 | 8 |
PSdeG-PSOE | -1 | 4 |
PPdeG | -3 | 3 |
BNG | = | 2 |
Alternativa dos Veciños | novo | 2 |
EU-SON EN COMÚN | novo | 1 |
Cidadáns | = | 1 |
Xente de Cambre | novo | 0 |
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cambre.
Ponte da ría do Burgo.
Muller mariscadora,
obra de Xabier Correa Corredoira.
Igrexa de Santa María de Cambre,
fachada.Placa altimétrica
na Casa do Concello.
ParroquiasEditar
Lugares de CambreEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cambre vexa: Lugares de Cambre.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Cambre".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións municipais de 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Concello de Cambre na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 44. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2.
- ↑ Búa Carballo, J. C.; Lois Silva, S. (1994-1995). "Los topónimos gallegos en -bre de orígen prerromano". Beiträge zur namenforschung. Neue Folge (Heidelberg) (Band 29/30): 13–41.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cambre |
Ligazóns externasEditar
- Fondo de fotografía histórica. Fototeca do Concello de Cambre Arquivado 02 de xullo de 2011 en Wayback Machine.