Encoro de Abegondo - Cecebre
O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade[1][2].
Tipo | encoro Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais área protexida da rede Natura 2000 | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Abegondo, España, Betanzos, España, Cambre, España, Carral, España e Oza-Cesuras, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 530,90525 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 348885 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES1110004 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e ao Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC).[3][4][5][6] Este espazo natural protexe unha superficie de 529 ha. e discorre entre ademais de polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza-Cesuras.
O valor da súa conservación é que ten 8 hábitats de interese comunitario e 10 especies de interese de protección. O 35% da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación.[7][8]
Encoro
editarA superficie da conca é de 228 km² e a do encoro 363 ha. e ten unha capacidade de 22 Hm3[9]. Acada unha lonxitude máxima de 2,8 km e unha profundidade máxima de 15 m[9]. A profundidade media non supera os 5,9 metros, habendo amplas zonas de augas superficiais, por riba dos 2 metros. O ancho máximo do encoro é na vertente do río Mero. O maior nivel de enchente acádase a finais de inverno e primavera[10].
-
O encoro coas portas abertas, en Cecebre.
-
Presa do encoro.
-
Presa do encoro.
-
Estación de xestión do encoro.
-
A ribeira do Mero aos pés da presa, en Cecebre.
-
Estación meteorolóxica ao pé da presa.
Clima
editarA zona, pertencente a rexión eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea e sector Galaico-Portugués, ten un dominio climático oceánico húmido.
Hidroloxía
editarOs tramos fluviais abranguen uns 4,9 Km do río Barcés e 3,8 Km do río Mero.
Hábitats
editarO val do encoro é amplo, tendo nalgúns puntos ata 600 metros de ancho. Destacan pola conservación de masa forestal propia de ribeiras autóctonas.[10]. O bosques de ribeira no Barcés discorren polas vilas da Ribeira de Cañás, Beade, Damíl e da Praza. Para este río, a pendente das abas nestas parroquias son de pendente moderada, acusadas nalgúns puntos preto do Barcés. As especies de árbores que ten son ripícolas [11]. Cando o Barcés e o Mero chegan ao encoro, pásase a terreos en chaira, cunha orixe por deposición aluviais, e que son explotados para cultivos agropecuarios [2].
O hábitats de interese comunitario do ZEC incluídos na Directiva 92/43/CEE[12] son [1]:
- Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae).
- Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition.
- Estanques temporais mediterráneos
- Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri e de Bidention
- Ríos de pisos basais aos de montaña con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
- Pastos con numerosas especies de gramíneas, con Nardus, sobre substratos silíceos de zonas montañosas
- Prados con xunga, como Molinion caeruleae, en substratos calcarios, turbosos ou arxilo-limosos
- Megaforbios, ou prados con plantas de grandes follas, eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos de montaña a alpinos
- Prados pobres de sega de baixa altitude, con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis
- Queirogais secos europeos
- Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
- Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica
Flora e fauna
editarAs principais especies que figuran como de interese e en réxime de protección especial no ZEC lístanse a continuación:[1][13]
Flora
editarEspecie |
---|
Narcissus cyclamineus |
Sphagnum pylaisii |
Fauna
editarInvertebrados
editarEspecie |
---|
Coenagrion mercuriale |
Elona quimperiana |
Geomalacus maculosus |
Lucanus cervus |
Peixes
editarEspecie |
---|
Chondrostoma polylepis |
Anfibios
editarEspecie |
---|
Discoglossus galganoi |
Hyla arborea |
Rana iberica |
Triturus boscai |
Réptiles
editarEspecie |
---|
Coronella austriaca |
Lacerta monticola |
Lacerta schreiberi |
Natrix natrix |
Aves
editarÉ un hábitat que alberga a máis de duascentas especies de aves, pertencentes a tres grandes grupos: aves acuáticas e ribeiregas, aves forestais e aves de campiña[14].
Mamíferos
editarEspecie |
---|
Galemys pyrenaicus |
Lutra lutra |
Mustela erminea |
Myotis myotis |
Plecotus auritus |
Rhinolophus ferrumequinum |
Rhinolophus hipposideros |
Lexislación
editarNo ano 1991 iniciouse o recoñecemento provisional do encoro e das ribeiras do Mero e Barcés como espazo natural de interese de conservación en Galicia e actualizouse periodicamente.[15][16][17] En decembro de 2004 propúxose como lugar de importancia comunitaria (LIC) e foi aceptado na rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[1][7]
O encoro de Abegondo-Cecebre está incluído ademais dentro da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e das Terras do Mandeo.
Galería de imaxes
editar-
O encoro desde Seixurra de Abaixo, Orto.
-
Carballeira na ribeira do encoro.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.". www.xunta.es. Consultado o 17 de agosto de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Tomo IX.f. Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Abegondo. Xuño de 2012
- ↑ "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
- ↑ "Encoro de Abegondo - Cecebre, Código ZEC ES1110004. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 17 de agosto de 2016.
- ↑ 7,0 7,1 "Lugares de Importancia Comunitaria. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Goberno de España." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2017.
- ↑ Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Dirección técnica da edición por Ricardo García-Borregón Millán, Rogelio Fernández Díaz e Belén Bris Marino. Consellería do Medio Rural e de Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2011.
- ↑ 9,0 9,1 Emalcsa. "Embalse de Cecebre". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2016.
- ↑ 10,0 10,1 Encoro de Abegondo - Cecebre. Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia
- ↑ Especies típicas de zonas de interfase entre o solo, como os dunha ribeira ou monte, e un río ou regato.
- ↑ Directiva sobre da conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres adoptada pola Unión Europea en 1992.
- ↑ Xunta de Galicia (eds.). "2.3 LIC Encoro de Abegondo - Cecebre. Anexo V Humidais e Corredores Fluviais. Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural - Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia." (PDF).
- ↑ [1] Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Guía das aves do Encoro de Abegondo- Cecebre. 2007.
- ↑ Xunta de Galicia, eds. (Luns, 11 de novembro de 1991). "III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES. ORDE do 29 de outubro de 1991 pola que se declara provisionalmente o encoro de Cecebre como espacio natural en réxime de protección xeral.". DOG. p. 8.868.
- ↑ Xunta de Galicia, eds. (Mércores, 18 de novembro de 1992). "III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES. ORDE do 11 de novembro de 1992 pola que se prorroga a inclusión do encoro de Cecebre no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia.". DOG. p. 8.868.
- ↑ Xunta de Galicia, eds. (Mércores, 04 de xuño de 1997). "III. OUTRAS DISPOSICIÓNS. CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES. ORDE do 27 de maio de 1997 pola que se declara provisionalmente o encoro de Cecebre como espacio natural en réxime de protección xeral.". DOG. p. 5.349.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Encoro de Abegondo - Cecebre |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Encoro de Cecebre Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- Estado dos encoros e pantanos de España. Cecebre (en castelán)