Herba das brañas

Especie de gramínea
Herba das brañas

Herba das brañas (Nardus stricta) nun xardín
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Poales
Familia: Poaceae
Subfamilia: Pooideae
Tribo: Nardeae
Xénero: Nardus
Especie: N. stricta
Nome binomial
Nardus stricta
L.

A herba das brañas[1] (Nardus stricta) é unha especie de planta gramínea herbácea, único membro do xénero Nardus.

Descrición editar

Nardus é un xénero caracterizado por seren plantas perennes con inflorescencias moi magras, con espículas sentadas que nacen alternas das escotaduras do eixo. Ten espículas cunha flor. A gluma inferior é moi miúda e a superior está ausente. A lema ten tres nervios con dúas ou tres carenas arestadas.

A herba das brañas é unha planta vivaz, dura, forte e rexa, densamente crepitosa, de pequeno talle e porte erecto e de tres a oito centímetros de lonxitude. Ten a espícula cunha soa flor sentada e inserta no raque mais volta do mesmo lado. As flores son violáceas ou averdadas con estame de grandes anteras branco leitosas ben visíbeis na antera e sen glumas, unilaterais moi magras e erectas. As follas son longas, setosas e de case 0.5 mm de largura. Posúe numerosas follas basais finas, enroladas e algo punzantes, así como as espigas na súa madureza.

Distribución e hábitat editar

Euroasiática. Hemicriptófito. Prados sobre solos acedos e zumegantes, enclaves esmagados e pastoreados con abundante humidade (brañas e lameiros).

Ecoloxía editar

É planta invasora que suaviza os pastos deficientemente aproveitados do piso subalpino e que pode ser eliminada ou consumida polo pastoreo do gado maior. Responde mal a calquera tipo de fertilizante agás o fosfórico. Así, os solos nos que se atopa a herba das brañas teñen a características edáficas a seguir:

Tendo en conta estas características edáficas e seguindo a clasificación da FAO, os herbais das brañas poden ser encadrados dentro das categorías de luvisol e phaeozem.

Produción editar

A produción destes pastos é bastante alta, con frecuencia de entre 2000 e 3500 kg de materia seca por hectárea e ano. A pesar disto, non están moi alindados, xa que tanto a súa palatabilidade coma a súa calidade nutritiva son baixas por mor da súa dureza, o seu elevado contido en materia seca e fibra e a súa baixa dixestibilidade.

Así só poderían fornecer coma máximo unhas 1000 ou 1800 U.F. e 90 ou 150 kg de PD por hectárea e ano.

Valor pastícola editar

Pasto de má calidade e pouco valor nutritivo, característico de solos acedos. O valor pastoral destes herbais é mediocre, pola súa escasa diversidade e pola baixa calidade individual das especies que o constitúen.

Aproveitamento editar

O aproveitamento realízase a dente, polo gando vacún ou cabalar e menos polo ovino.

Faise un pastoreo cedo e intenso para controlar a herba das brañas e as dexeccións dos animais favorecen o espallamento das especies de maior calidade. O despunte por mor do pastoreo temperán provoca o regromo da herba das brañas e reduce a súa dureza.

Unha volta mellorado poden ser interesantes outro tipo de melloras coma fertilizacións calcarias ou fosfóricas.

Gado consumidor editar

Non apetecido polo gado ovino mais o vacún atúrao ben comendo unicamente os gomos tenros. O cabalr, pouco esixente na calidade do pasto, consome ben a herba das brañas e contribúe á calidade do pasto aínda que pode considerar problemas de plastificado do solo. O ovino non é o máis indicado para aproveitar estes herbais, xa que, a humidade do solo favorece a aparición da paroniquia ou uñeiro (infección supurante localizada entre a uña do pezuño e a carne na ovella e na cabra, causada por Dichelobacter nodosus e algunha outra bacteria, e que provoca a coxeira do animal. [2]).

Observacións editar

Esta especie pódese asociar con outras coma o trevo alpino (Trifolium alpinum), Campanula herminii, Phleum alpinum, a solda (Potentilla erecta), as chantaxes (Plantago) ou Thalackeri para formar os herbais, que son pastos dentro da clase Nardetea strictae.

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia e en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. Dicionario galego de termos médicos' e Diccionario científico y tecnológico. Barcelona, Chambers - Omega, 1979

Véxase tamén editar