Folosa das canaveiras

Folosa das canaveiras

Unha folosa das canaveiras nunhas canas.


Son da folosa das canaveiras.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Acrocephalidae
Xénero: Acrocephalus
Especie: A. scirpaceus
Nome binomial
Acrocephalus scirpaceus
(Hermann, 1804)

A folosa das canaveiras[2] (Acrocephalus scirpaceus) é unha ave da familia dos sílvidos (Sylviidae) e do xénero das folosas ou acrocefálidos (Acrocephalus).

Descrición

editar

Son folosas de tamaño mediano. Miden de 12,5 a 14 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de ás que vai dos 17 os 21 cm. Pesan entre 10 e 15 gramos. Os adultos teñen a parte superior do corpo castaña e a inferior branca amarelada. A testa é cha e o bico forte e aguzado. As aves dos dous sexos son semellantes. Poden vivir ata 12 anos e acadan velocidades de voo de 10 metros por segundo.

O seu canto é lento e pouco destacable, formado por estrofas curtas ás que se xuntan os típicos asubíos e a capacidade para imitar a outras aves dos acrocefálidos.

Distribución xeográfica e hábitat

editar

Crían en Europa e nas zonas temperadas do oeste de Asia. Son aves migratorias, que pasan o inverno na África subsahariana. Nas partes centrais de Europa están presentes entre abril e outubro. As datas e a dirección das migracións, que os levan a viaxaren distancias de ata 6000 km, están xeneticamente marcadas.

Viven entre os xuncos e o carrizal mesto e entre a vexetación das beiras de ríos, lagos, estanques e pantanos.

Alimentación

editar

Aliméntanse agatuñando e choutando entre as plantas mestas. As súas presas principais son arañas, insectos e larvas, pequenos moluscos e invertebrados en xeral.

 
Polo de cuco no niño dunha folosa das canaveiras.

Reprodución

editar
 
Acrocephalus arundinaceus
 
Cuculus canorus canorus + Acrocephalus scirpaceus

Maduran cando teñen un ano. A época de reprodución concéntrase entre maio e xullo. Tecen un niño de herbas e carrizos que sitúan protexido nos canavais, pendurado sobre a auga entre entre os talos de tres ou catro carrizos ou xuncos. Poñen de 3 a 4 ovos, que os dous pais se roldan para chocar entre 11 e 14 días. Os polos pasan de 10 a 14 días no niño. Crían dúas ou tres niñadas por ano. Os seus niños son parasitados habitualmente polos cucos, que poñen ovos de cores semellantes.

Situación

editar

As estimacións para Europa calculan a súa poboación nuns 3 millóns de parellas reprodutoras.

  1. BirdLife International (2014). "Acrocephalus scirpaceus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 28 de agosto de 2014. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar