Abrir o menú principal

Paseriformes

orde de aves que abrangue máis da metade das especies de aves
(Redirixido desde "Passeriformes")

As paseriformes (Passeriformes) son unha grande orde de aves que abrangue máis da metade das especies de aves. O grupo foi bautizado polo nome científico do pardal común (Passer domesticus). Está dividido en dúas subordes principais, Passeri e Tyranni.

Son o grupo de vertebrados que máis éxito evolutivo tivo, contan con ao redor de 5.400 especies, o que aproximadamente duplica o número de especies da orde de mamíferos máis diversa, os roedores (Rodentia). As súas adaptacións ao medio son moi variadas e complexas e comprenden dende determinados tipos de canto a formas de construír niños.

CaracterísticasEditar

Son paxaros tipicamente pequenos, a pesar de que na familia Corvidae atópanse especies de porte considerable; presentan unha característica disposición dactilar, tres dedas cara adiante e un cara atrás (polgar).

Moitas paseriformes cantan e teñen un sistema complexo de músculos para controlar a súa sirinxe; todas elas pasan por un estado inmaturo no que son incapaces de proverse de alimento e necesitan que as alimenten.

Malia ser un grupo bastante homoxéneo, é moi complexo en detalles, e as divisións secundarias son a miúdo arbitrarias e variables dun autor a outro. A orde presenta dúas subordes, que se establecen pola conformación do órgano de canto, Tyranni ou paxaros clamadores, e Passeri, paxaros cantores stricto sensu (aínda que comprende paxaros como o corvo tamén).

OrixeEditar

A historia evolutiva das paseriformes segue sendo bastante discutida. As antigas clasificacións baseábanse na morfoloxía do peteiro ou a disposición ou coloración das plumas, polo que moitas especies que se agrupaban no mesmo grupo separáronse por comprobarse que se trataba de semellanzas debidas a converxencias adaptativas.

Crese que o grupo xurdiría no supercontinente de Gondwana, o que levaría unha grande amplitude de formas en Australia e Nova Guinea no que respecta aos Tyranni. Outra póla do clado, Passerida aparecería ora á vez, ora dentro de Corvida e chegaría ao hemisferio norte. A partir dese momento, pénsase que habería un continuo intercambio norte-sur que complicaría o estudo da historia evolutiva.

TaxonomíaEditar

 
Femia de Sylvia atricapilla, Bastavales (Galicia)

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar